31/10/2026
🌿 Iria do Castelo e Antía Otero comezaron a investigación para o desenvolvemento do libro número cero da colección da Bolsa de Creación Castelo Conta x Castelo Studio.
O xoves pola tarde reuníronse coa veciñanza baixo os castiñeiros do Campo da Capela de San Ramón para escoitar falar de cousas das que só a xente de alí pode falar 💭
Na conversa apareceron as vacas que coñecían o camiño de volta, os milagres dos carballos cerqueiros, os remedios populares, as abellas que vivían dentro da casa, e ata a presenza dos números impares en moitas destas historias.
Lendas, crenzas e lembranzas que forman parte da memoria de Castelo e que agora comezan a tomar forma nunha obra que escribirá Antía Otero e ilustrará Iria do Castelo, e que se presentará antes da próxima edición do Castelo Conta 📖
📸 AIGI BOGA