Feira Sabor Da Aldea

Feira Sabor Da Aldea Exposición de maquinaria e ferramentas, demostración de oficios tradicionais, productos locais

31/05/2026

VOLVENDO A VIDA💗
Despois de máis de 50 anos, uns dos muiños de Quenxe volveu a xirar.
Non temos verbas para explicar os nosos sentimentos, a mistura do saber e do querer fixo que o noso pequeno gran proxecto seguira adiante, sempre positivos e cumprindo retos.
Graciñas a todos os que fixeron posible! Os nosos veciños, as Asociacións da Parroquia de Redonda, os alumnos e profesorado do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión e os do IES Agra de Raíces de Cee e a toda a xente que nos apoia e segue, sen vós, non sería posible.

Impresionante o traballo que está facendo a nosa xentiña! Este fermoso proxecto que comenzou fai un meses xa empeza a as...
23/05/2026

Impresionante o traballo que está facendo a nosa xentiña! Este fermoso proxecto que comenzou fai un meses xa empeza a asomar tódolos esforzos, ilusións e a realidade de onde hai vontade, hai camiño.
A CORRENTE DOS MUIÑOS, proxecto ideado e impulsado polas Asociacións Veciñais da Parroquia de Redonda.
🔝🔝🔝

Dende as tres asociacións parroquiais convidamosvos a tod@s a acudir o vindeiro *venres 22 ás 16 horas* no muiño, para s...
21/05/2026

Dende as tres asociacións parroquiais convidamosvos a tod@s a acudir o vindeiro *venres 22 ás 16 horas* no muiño, para seguir cas tarefas de restauración e a posta en marcha do muiño. Vémonos !!

Convócase a toda a veciñanza a unha reunión conxunta por parte das tres Asociacións Parroquiais, este vindeiro *sábado 1...
13/05/2026

Convócase a toda a veciñanza a unha reunión conxunta por parte das tres Asociacións Parroquiais, este vindeiro *sábado 16 de maio, no Albergue de San Roque, ás 16 horas*. Nesta xuntanza abordaranse os seguintes puntos:
Trataranse algunhas novidades para a III edición da feira *O Saber Sabor da Aldea*. Ademáis, elixiranse as fotografías que se incluirán no cartel desta edición.
Outro dos puntos será os labores e traballo que se están a realizar no muiño de Quenxe, así como as datas aproximadas para o seu funcionamiento e a colaboración cos centros educativos. Previsiblemente será o día 29 deste mes cando ambos alumnados (tanto do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión como do IES Agra de Raíces de Cee) se achegarán a realizar actividades e tarefas no muiño, axudando a rematarlo. Por suposto, nese día seredes tod@s benvid@s (mandaremos un recordatorio próximo a data para que teñades toda a información horaria).
Por suposto, haberá un espazo para recoller todas as inquedanzas e puntos de interese que impliquen a parroquia.
Vémonos!!!

Marabillosa xornada de divulgación educativa co alumnado do IES Agra de Raíces de Cee. Mil grazas a David, Andrea, Manol...
10/05/2026

Marabillosa xornada de divulgación educativa co alumnado do IES Agra de Raíces de Cee. Mil grazas a David, Andrea, Manolito, Pedro e Marisa e a tod@s os veciños das tres Asociacións da Parroquia de San Pedro de Redonda por estar ahí incansablemente.
A vosa labor para a difusión e a sensibilización do noso, non ten prezo 😍! A CORRENTE DOS MUIÑOS!!!

Impresionante o traballo dos nosos veciños na rehabilitación e recuperación dos muiños de Quenxe😍.Vós si que valedes!!!🔝...
04/05/2026

Impresionante o traballo dos nosos veciños na rehabilitación e recuperación dos muiños de Quenxe😍.
Vós si que valedes!!!🔝🔝🔝
Dende as tres asociacións parroquiais convidamos a tod@s a acudir o vindeiro *mércores 6 de maio ás 16 horas ao muiño de Quenxe*. Principalmente cintarase o muiño, e a parte realizaranse outros traballos.
Animádevos a vir!
En caso de mal tempo avisarase para mudar a data.
🌽🌿

Aí ven o maio!!! O final do inverno e a chegada dos primeiros froitos 🍓🌽🌿E co maio presentámosvos a maravillosa obra de ...
01/05/2026

Aí ven o maio!!! O final do inverno e a chegada dos primeiros froitos 🍓🌽🌿
E co maio presentámosvos a maravillosa obra de arte feita polo noso benquerido Manolito e custiodada polo Sr. Roquiño.
Este cubo ou cuba é onde se mete o millo para moer e é unha das partes do muiño que levaremos o CEIP Praia de Quenxe para que o alumnado o monten e disfruten coñecendo a súa función.
Estámolo desexando🤓

Dende as tres asociacións parroquiais convidamos a tod@s a acudir o vindeiro xoves 23 de abril ás 16 horas ao muiño de Q...
21/04/2026

Dende as tres asociacións parroquiais convidamos a tod@s a acudir o vindeiro xoves 23 de abril ás 16 horas ao muiño de Quenxe . Para colocar o teito do muiño. Animádevos a vir e participar na restauración🌿

17/04/2026

A Redonda volve poñer en marcha a roda dos muíños de Quenxe ensino muiños ceip quenxe redonda interxeracional Xentes da Redonda no Cole de Corcubion A Redonda volve poñer en marcha a roda dos muíños de Quenxe m Redacción 07:53 17/04/26 Despois dun inverno pasado por auga, onde era imposible ...

E seguimos con moita ilusión e proxectos novos🌲🪵🌳
21/02/2026

E seguimos con moita ilusión e proxectos novos🌲🪵🌳

A Redonda dá un paso máis na prevención de incendios incendio redonda prevencion A Redonda dá un paso máis na prevención de incendios m Redacción 09:11 21/02/26 Que a prevención de incendios faise en inverno, é algo que teñen claro poucas entidades en Galicia (dende longo as administració...

Dirección

Corcubión
15130

Horario de Apertura

11:00 - 23:00

Teléfono

07952734649

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feira Sabor Da Aldea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir