25/10/2026
A Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós participou esta fin de semana, convidada pola agrupación Berriztasuna Taldea, no festival Hiru Jauzitan, celebrado en Portugalete, no País Vasco.
A escola formou parte da programación do sábado 24 de outubro cunha actuación de baile tradicional ás 20.00 horas, no marco dunha xornada adicada á música e á danza tradicionais.
O encontro permitiu á Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós compartir a súa música e os seus bailes con outras agrupacións, nunha iniciativa que contribúe ao intercambio cultural e á difusión das tradicións populares.
Noraboa a todo o grupo!!