CCA Ribeira Sacra

CCA Ribeira Sacra Somos o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra. Agardámosvos en Chantada!

Volven os Bonos Activa Comercio! Xa se poden descargar os bonos dende hoxe mércores, 27 de maio!O programa contará nesta...
27/05/2026

Volven os Bonos Activa Comercio! Xa se poden descargar os bonos dende hoxe mércores, 27 de maio!

O programa contará nesta edición dun presuposto de 2,5 millóns de euros; cada consumidor poderá descargar un por valor de 30 euros, e os negocios que participen na campaña deben estar inscritos na web www.bonosactivacomercio.gal.

☎️ 680 645 124.
📬 [email protected].
📲 https://ccaribeirasacra.com/


Interésate facer un curso de riscos laborais dirixido ao sector da construción? A delegación galega de  está a organizar...
23/05/2026

Interésate facer un curso de riscos laborais dirixido ao sector da construción? A delegación galega de está a organizar un de 60 horas con horario de mañá. Celebrarase na nosa sede en Chantada e, se queres reservar praza, podes facelo xa nesta ligazón: https://l1nk.dev/j18ix20.

25 anos leva  coidando da nosa familia animal en Chantada! Mario (na foto con Brownie) conta que neste tempo mellorou to...
22/05/2026

25 anos leva coidando da nosa familia animal en Chantada! Mario (na foto con Brownie) conta que neste tempo mellorou todo moitísimo no trato ás mascotas: "Mellorouse moitísimo; antes vacunar un can era casi imposible, pero agora se vacunan case todos. Os donos e donas cada vez coidan máis dos seus animais de compañía e xa é normal vir ao veterinario se teñen un problema de saúde".

Boa proba desta mellora é que a castración e a ciruxía que máis se fai en 22, algo impensable hai 25 anos. Tamén son moi habituais as limpezas dentais, buscando o benestar da mascota. As consultas máis habituais, aparte de vacinar e desparasitar, son as de dermatoloxía. Destaca Mario que "estamos nunha zona de moitos parásitos e iso tamén é un dos motivos de consulta máis comúns".

Ademais de clínica veterinaria, 22 tamén ofrece servizo de perruquería: Sofi é quen engalana aos nosos cans e cadelas dende hai máis de dúas décadas. Tamén notouse o paso dos anos neste apartado: antes era impensable levar ao teu can á perruquería, e agora é casi impensable non facelo!

👉 https://ccaribeirasacra.com/project/clinica-veterinaria-22/.

📍Avenida de Lugo 22, Chantada.

☎️ 680 645 124.
📬 [email protected].
📲 https://ccaribeirasacra.com/

Como se nota que mudamos a unha oficina a pé de rúa! Sodes moitísim@s  que pasades por aquí e sentímonos aínda máis pret...
21/05/2026

Como se nota que mudamos a unha oficina a pé de rúa! Sodes moitísim@s que pasades por aquí e sentímonos aínda máis preto dos nosos socios e socias, 😻. Lembra que agora estamos na Praza de Galicia, no Cantón!

☎️ 680 645 124.
📬 [email protected].
📲 https://ccaribeirasacra.com/

Achegámosvos información sobre o "Curso de comunicación con perspectiva de xénero" que organiza . Vaise celebrar entre o...
19/05/2026

Achegámosvos información sobre o "Curso de comunicación con perspectiva de xénero" que organiza . Vaise celebrar entre o 2 de xuño e o 2 de outubro en modalidade de teleformación e terá unha duración de 170 horas.

Entre os contidos da formación estará a aplicación de conceptos básicos da teoría de xénero e da linguaxe non sexista, a análise da información dende a perspectiva de xénero ou a identificación e tratamento de imaxes e utilización de linguaxe non sexista.

📝 Información: https://www.cel.es/es/actualidad/1113/cursos-dialogo-social-y-negociacion-colectiva-2026/
✍ Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcZWpHRl3RWKD8X4_Rk5udtEQ5Lol3UtXotGgY3VH2EfDb3Q/viewform.

☎️ 680 645 124.
📬 [email protected].
📲 https://ccaribeirasacra.com/

Dirección

Praza De Galicia
Chantada
27500

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 15:30
Martes 09:30 - 15:30
Miércoles 09:30 - 15:30
Jueves 09:30 - 15:30
Viernes 09:30 - 15:30

Teléfono

+34680645124

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CCA Ribeira Sacra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CCA Ribeira Sacra:

Compartir