22/07/2025
🎉 SARGADELOS CELEBRA AS FESTAS NA HONRA A SANTIAGO APÓSTOLO DO 24 AO 26 DE XULLO 🎶🍢⛪🏃♂️
📣 O Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula organizan tres días de festa con música 🎵, gastronomía 🍽️, tradición 🕊️ e deporte 🏃, abertos a toda a veciñanza e visitantes 👨👩👧👦
👌Como antesala das festas, este martes 22 de xullo a partir das 16:00 h arrinca en Sargadelos a Iniciativa Xove “Techno Con-Ciencia” 🎧🧪.
A parroquia de Sargadelos xa se prepara para vivir as tradicionais Festas na honra a Santiago Apóstolo, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025. O evento está organizado pola Asociación Amigos da Troula e o Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a participar desta cita festiva, cultural e deportiva 🎊.
O programa comeza o xoves 24 de xullo, ás 20:00 horas, coa tradicional espetada moura 🍢, amenizada polo grupo local “Cordenaia”. Ás 22:00 h comezará a verbena coa Discomóbil Conxuro 🎶, e ás 23:00 h ofrecerase o concerto de Roi Casal 🎤, un dos pratos fortes das festas. A festa continuará con Conxuro Discomóbil 🎧.
O venres 25, Día do Patrón, haberá misa solemne e procesión ás 13:00 h ⛪, seguida dun pasarrúas e baile a cargo do grupo tradicional local Fol do Raxal 🪗. A sesión vermú e o baile de tarde estarán novamente animados pola Discomóbil Conxuro 🍹. Pola noite, a verbena contará co grupo Alma Latina 💃 e a actuación estelar de K**e Varela – Mikaela Tour 🌟. Ao mediodía serviranse racións de churrasco (12 €) 🍖, que inclúen porco, criollo, chourizo e pan .
O sábado 26 arrincará cunha actividade deportiva: o Trail Sargadelos 🏃, a partir das 10:00 h, acompañado de venda de boliños preñados e empanada 🥟. A animación musical correrá a cargo da Discomóbil Olympo 🎵. As inscricións están abertas a través da plataforma www.sportmaniacs.com ata o 25 de xullo 📲.
📅 Este martes, arrinca a iniciativa Xove “Techno Con-Ciencia” 🎧🧪.
Como antesala das festas, este martes 22 de xullo a partir das 16:00 h arrinca en Sargadelos a Iniciativa Xove “Techno Con-Ciencia”, unha proposta de creatividade xuvenil arredor da música electrónica e a cultura 🎼. Desenvolverase tamén o mércores 23 e está promovida polo grupo FONTE DA TELLA en colaboración co Concello de Cervo, co financiamento da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove 💡. Un espazo interxeracional, creativo e innovador que marcará o inicio festivo da semana. Toda a información está dispoñible a través das redes sociais do grupo Fonte da Tella 📲.
👏O Concello de Cervo anima a toda a comarca e visitantes a achegarse a Sargadelos para g***r destas festas que combinan tradición, música, gastronomía e deporte nun ambiente familiar e acolledor.