Auditorio Municipal de Cedeira

Auditorio Municipal de Cedeira Espazo para as artes escénicas no Concello de Cedeira

Este sábado, 11 de abril, ás 19.00 h recibimos a Xarope Tulú e Galeatro coa peza "Berenguela na Gaiola" que vén de recib...
09/04/2026

Este sábado, 11 de abril, ás 19.00 h recibimos a Xarope Tulú e Galeatro coa peza "Berenguela na Gaiola" que vén de recibir dous premios María Casares nesta última edición.
Público familiar - Entrada 2,5 €

🏆 O Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil é para Galeatro e Xarope Tulú por Berenguela na gaiola, teatro para medrar e imaxinar 👶🏼

🤝 Os Premios de Teatro María Casares contan co apoio do Concello da Coruña, da Xunta de Galicia a través da AGADIC, da Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e GADIS.

⚒️ Asociacion de Actores e Actrices de Galicia

Auditorio Municipal de Cedeira Sábado 11 de abril, 19.00 hTeatro familiar - Entrada 2,5 €Nunha residencia da terceira id...
06/04/2026

Auditorio Municipal de Cedeira
Sábado 11 de abril, 19.00 h

Teatro familiar - Entrada 2,5 €

Nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando 'Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela', de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.

Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. A peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

Todo en marcha para acoller ao "Carteiro de Ximaraos", unha peza escrita por Carlos Labraña e levada a escena polos Moni...
28/03/2026

Todo en marcha para acoller ao "Carteiro de Ximaraos", unha peza escrita por Carlos Labraña e levada a escena polos Monicreques de Kukas! Hoxe ás 20.00 h, para non perder!

27/03/2026

Manifesto galego no Día Mundial do Teatro 2026. Por Carlos Callón.

Dise que o xénero por excelencia da nosa literatura, tanto da tradicional como da impresa, é a lírica. Iso é verdade mais tamén é mentira. A nosa é unha lingua que naceu nun verso, mais nun verso que non se lía, senón que se representaba, que se facía carne na voz e nas mans. As xograresas e os xograres que danzaban, xesticulaban e cantaban á calor dunha lareira señorial ou na praza dunha vila, tiñan moito de comediantes. Vimos de moi lonxe.

A nosa literatura trobadoresca é un tesouro abraiante, mais coñecemos só as táboas do naufraxio. Cando no século XVIII se quixeron imprimir algunhas cantigas, o director da Real Biblioteca Española impediuno: a poesía en galego era "capricho, extravagancia y mal gusto". Insultábannos impunemente. Neses tempos, se estabamos nun palco era para se mofaren de nós: El gallego y la criada, Los gallegos: o mala raiba le veña, La gallega y los mandados, El gallego toreador, El gallego y las lechugas... Un crítico aseverou que non faltaba en Madrid unha peza cómica en que non houbese "acento gallego cerrado y mollera más cerrada todavía"; outro, vomitou que eran "lugareños rudos, con su lenguaje y sus muñeiras". Escarnecíase un pobo traballador e emigrante que, fóra do seu país, ocupaba os postos máis precarios.

Ensináronnos a degradarnos, a desvalorizarnos, a ternos por menos. As primeiras veces que o teatro galego subiu ás táboas, o público gargallaba mesmo nos momentos dramáticos. Aprenderan a cuspir no espello e aínda custa corrixir o camiño.

Non foi fácil. Non é fácil. En 1801 ordenouse: "En ningún teatro de España se podrán representar, cantar, ni bailar piezas que no sean en idioma castellano". En 1867 apregoábase na Galiza outra norma proveniente da Corte: "En adelante no se admitan a la censura obras dramáticas que estén exclusivamente escritas en cualquiera de los dialectos de las provincias de España", pois consideraban que o teatro era "el medio más ef**az para que se generalice el uso de la lengua nacional" (e non se referían á da nación galega). Estas normas dificultaron un teatro propio nos escenarios e desgaleguizaron unha parte das farsas e entremeses populares, que levaban séculos transmitíndose na nosa lingua natural.

Ademais das prohibicións, viñan as chicotadas desde os xornais ou os ditames de publicación: o galego non é "apto para el teatro culto que haya de ser representado"; mesmo o sotaque noso é "un inconveniente" e "hace perder fuerza". Cando a profesionalización daba os primeiros pasos, hai 40 anos, un xornal da caverna alarmábase porque podiamos existir, disque nunha "andadura lenta, pero ef**az, en el objetivo de imponer un teatro hablado, y casi siempre originalmente escrito, en lengua gallega". Moito ladran. Moito andamos.

A nosa lingua está de novo en crise e este seu vello compañeiro, o teatro, algo sabe de como lidar coas crises. Nun momento en que o tanxíbel pide lugar fronte ao desengano do virtual, o teatro é unha chave decisiva para revitalizarmos a fala nosa. Ben o percibe quen lle tolle o andar. Precisamos dunha rede de exhibición viva, dunha educación escénica para todas e todos e duns orzamentos serios.

E convén lembrarmos algo fundamental nestes tempos en que se espallan vellos novos odios: nós somos as tataranetas e os tataranetos dese pobo emigrante de quen se rían nos palcos; somos as tataranetas e os tataranetos que conseguiron pasar de ser caricatura a suxeito, cunha voz propia que nos devolve dereitos, nome e horizonte. Sabemos que ser galegas e galegos é o noso xeito de pertencermos á humanidade.

Lembremos, nomeemos, actuemos! Viva a memoria e a cultura do pobo traballador! Viva o Teatro Galego!

O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e  Os Monicreques de Kukas a partir do texto o...
24/03/2026

O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e Os Monicreques de Kukas a partir do texto orixinal de Carlos Labraña que recibiu o XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil que convoca a Axencia Galega de Industrias Culturais e coa proposta para a súa posta en escena do equipo artístico que recibiu o Premio Xuventude Crea na modalidade de teatro que convoca Xuventude de Galicia.

O carteiro de Ximaraos é unha delicada creación escénica que nos convida a detérmonos no valor da memoria, na forza dos recordos e, sobre todo, na necesidade de cultivar os afectos entre xeracións. Trátase dunha peza especialmente dirixida ao público infantil e familiar, que consegue achegar unha enfermidade complexa como o alzhéimer con sensibilidade, intelixencia e respecto, converténdose nun exemplo de como o teatro pode ser ao tempo ferramenta pedagóxica, arte comprometida e espazo de encontro.

A historia está tecida cunha linguaxe próxima e imaxinativa, que permite aos nenos e nenas conectar emocionalmente co conflito sen caer en dramatismos innecesarios. A través da figura do carteiro —símbolo da comunicación, do fío que une tempos e persoas—, a obra propón un relato onde se poñen en valor a escoita, a paciencia, o coidado dos maiores e o poder das historias compartidas. Nun tempo marcado pola velocidade e a fragmentación, O carteiro de Ximaraos reivindica a importancia da presenza, da conversa e da lembranza como pontes que nos manteñen unidos.

Esta proposta tamén destaca polo seu valor como ferramenta emocional para traballar coas crianzas sentimentos como a tristeza, o apego, o medo á perda ou a confusión que produce ver cambiar ás persoas que queremos. O teatro convértese aquí nun espazo seguro desde o que abordar estas cuestións sen tabús, favorecendo unha educación emocional que moitas veces f**a esquecida nas dinámicas escolares ou familiares. Ao mesmo tempo, a obra reforza a relación interxeracional, poñendo en primeiro plano a riqueza dos vínculos entre infancia e vellez, e desbotando visións estigmatizantes da doenza ou da idade.

10/03/2026
Venres 20 de marzo - 20.30 h Proxección e coloquio co director."Adeus Berta"SINOPSEAlicia chega a casa dos seus pais na ...
10/03/2026

Venres 20 de marzo - 20.30 h
Proxección e coloquio co director.
"Adeus Berta"

SINOPSE

Alicia chega a casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal, unha vila costeira de Galicia, para elixir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí atópase coa súa irmá Berta que acaba de saír do centro de rehabilitación onde estaba ingresada.

Produción | Kraken Media

Produción asociada | Abano Producións, Tornasol Media

Formato | Curtametraxe

Productores | Adrián Castiñeiras, Alba Gallego, Fernando Tato

Dirección | Fernando Tato

Guión | Ángela Andrada

Xénero | Ficción, drama, comedia

Duración | 17:42 min

Público adulto

Fin de semana 13 e 14 de marzo.
05/03/2026

Fin de semana 13 e 14 de marzo.

Sábado 7 de marzo - 20.00hJosé Suárez, Suite para unha vida(Unha composición de Rafa Fernández)Entrada: 2,5 € - Público:...
27/02/2026

Sábado 7 de marzo - 20.00h
José Suárez, Suite para unha vida
(Unha composición de Rafa Fernández)
Entrada: 2,5 € - Público: Adultxs

SUÁREZ nace da idea de homenaxear a vida e obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente. Un concerto de música orixinal escrita para guitarras executado en directo mentres disfrutamos dun espectáculo de videocreación en vivo con fotografías orixinales dixitalizadas, así como fragmentos de películas en 8mm.

Rafa Fernández - Guitarra
Virxilio da Silva - Guitarra
Iván Torres - Visuais

Dirección

Rúa María Mediadora Esq. Rúa Convento
Cedeira
15350

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Auditorio Municipal de Cedeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Auditorio Municipal de Cedeira:

Compartir