Sala A Reserva

Sala A Reserva Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Sala A Reserva, Sala de eventos y espectáculos, desiderio varela n7, Carballo.

Temos malas novas.Por motivos persoais, a sala A Reserva de Carballo cesa a súa actividade. Grazas á xente que nos acomp...
17/01/2024

Temos malas novas.

Por motivos persoais, a sala A Reserva de Carballo cesa a súa actividade. Grazas á xente que nos acompañou nesta etapa.

As persoas interesadas no traspaso poden contactar coa propietaria no seguinte teléfono:

Mar
670 72 31 58

Mañán temos o último asalto deste primeiro ciclo de concertos! 🏹
15/12/2023

Mañán temos o último asalto deste primeiro ciclo de concertos! 🏹

TU FUTURA EX MUJER 💋Desde o poboado indíxena, noso Carballo natal,  chega a banda veciña por excelencia!  traerán o seu ...
13/12/2023

TU FUTURA EX MUJER 💋

Desde o poboado indíxena, noso Carballo natal,  chega a banda veciña por excelencia! traerán o seu Indie-Garage psicodélico pra facervos bailar! Si, bailar, cousa de antiguos pero modernos. Chegan co álbum Novos Millonarios baixo o brazo. Botádelle un ollo e unha orella porque como ritual chamánico non ten perda.

Tu Futura Ex Mujer, y cada vez la de más gente.

PD: permítese a entrada de parellas, monturas, coyotes, cadelos, e demais animais carroñeiros e de compañía. 🤠

🏹 Sábado 16 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

DAVID BROWN EXPERIENCE 🚜Imos contarvos unha de vaqueiros:Corría o ano 1937 en West Yorkshire cando David Brown se alía c...
12/12/2023

DAVID BROWN EXPERIENCE 🚜

Imos contarvos unha de vaqueiros:

Corría o ano 1937 en West Yorkshire cando David Brown se alía con Harry Ferguson para traer ao mundo o primeiro tractor Ferguson-Brown, sobre o cal sentarían as bases do éxito da marca, chegando a fabricar dende vehículos agrícolas ata coches deportivos. Pasarían case 80 anos ata que David López e David Moss se aliaran. Igual que os británicos incluían novas marcas e inventos, os de Cerceda foron sumando á súa causa novos integrantes (Roi, Eloy, Cha, Alberto...) para traer un repertorio todoterreo e variado de versións (e versións de versións). Banda residente no Cochinella Fest, achéganse á Reserva de Carballo na súa primeira experiencia en sala! 🤠

🏹 Sábado 16 ás 23:00

🏹 8 ouros

🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420



Esperámosvos esta noite, rostros pálidos! ♥️
02/12/2023

Esperámosvos esta noite, rostros pálidos! ♥️

Adhara & Ritman ⚡Co corazón na nosa Costa da Morte, Adhara & Ritman é unha das bandas de maior proxección do panorama fo...
28/11/2023

Adhara & Ritman ⚡

Co corazón na nosa Costa da Morte, Adhara & Ritman é unha das bandas de maior proxección do panorama folk-rock coruñés.

Na Reserva sabémosche un bo feixe de conxuros, mais non damos descifrado a maxia de Adhara "A Cuncheira de Sofán", Tito Barbeito e compañía sobre os escenarios. 🧙

Tomando ingredientes do noso folklore, do reggae, do blues e da música latina, poderedes catar a pócima segreda este sábado no terceiro asalto á Reserva Underground! 🏹💥

🏹 Sábado 2 de decembro ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

Mr. Kamándula ⚡Desde a incansable factoría de Cerceda chega  !Unha especie en perigo de extinción co seu "straightforwar...
27/11/2023

Mr. Kamándula ⚡

Desde a incansable factoría de Cerceda chega !Unha especie en perigo de extinción co seu "straightforward Hard Rock in Galician language". Este venres estrean sinxelo pra iluminar os nosos rostros pálidos. 🤠

Esperámosvos como auga de decembro no terceiro asalto do underground galego á Reserva! 🏹💥

🏹 Sábado 2 de decembro ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

Hau! ✋Esperámosvos esta noite no segundo asalto á Reserva! 🏹
25/11/2023

Hau! ✋

Esperámosvos esta noite no segundo asalto á Reserva! 🏹

CRU ⚡Desde Carral chegan os  , un power trío de ases cargados de ferro e carraxe!Unha pócima que xunta a forza do hardco...
22/11/2023

CRU ⚡

Desde Carral chegan os , un power trío de ases cargados de ferro e carraxe!

Unha pócima que xunta a forza do hardcore e a densidade do stoner. Xa sabedes o que nos gusta a boa tralla 🥲. Curtidos en mil batallas, non vai quedar rostro pálido en pé! 🤠

🏹 Sábado 25 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

LENINCAT 💥Se alguén pode facer á Reserva Noisy Again son os .oficial ! Xenuíno Street Punk compostelán coma un frechazo ...
21/11/2023

LENINCAT 💥

Se alguén pode facer á Reserva Noisy Again son os .oficial !

Xenuíno Street Punk compostelán coma un frechazo directo ao peito. Presentarannos Años de Locura (2023) nesta segunda incursión na Reserva. Coidade as cabeleiras!

🏹 Sábado 25 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

Broa 💥Dos fornos de Cerceda nace  , un artefacto gastropolíticomusical capaz de alimentar a unha tribo enteira. Con Cucú...
15/11/2023

Broa 💥

Dos fornos de Cerceda nace , un artefacto gastropolíticomusical capaz de alimentar a unha tribo enteira.

Con Cucú (2020) puidemos catar os riffs densos do stoner e a calidez do hardcore melódico. Gañadores dos Premios Martín Códax na categoría Metal 🤘, voltan a Carballo máis fortes ca nunca coa incorporación da guitarra afiada de Gustavo Brea (Nao). 

Avecíñase unha cerimonia brutal! Poñan as súas mellores galas e acudan á Reserva co armamento adecuado para a batalla 🐴🎸🥁

🏹 Sábado 18 ás 23:00

🏹 8 ouros

🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

Rusty Nuts 💥 leva o underground de Carballo por bandeira! Influenciados polo punk clásico californiano e australiano (no...
14/11/2023

Rusty Nuts 💥

leva o underground de Carballo por bandeira! Influenciados polo punk clásico californiano e australiano (non confundir co de zapas guapas, táboas de surf e mechas loiras), veñen de presentar o seu primeiro EP autoproducido "No Time".

O seu último sinxelo é "Luceiro e Guía", rendindo homenaxe a Castelao cun poema de Avelino Díaz que figura no libro "11 Poemas a Castelao" publicado a título póstumo.

Chegan fresquiños despois de derrubar o Live In Cances a finde pasada, así que aproveiten esta oportunidade única e aposten polo underground 🃏💸💰

🏹 Sábado 18 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

Dirección

Desiderio Varela N7
Carballo
15100

Horario de Apertura

Viernes 23:00 - 05:00
Sábado 23:00 - 05:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sala A Reserva publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir