Ruta das Airas

Ruta das Airas Ofrecemos a esencia dunha ruta pero maximizando as calidades. O obxectivo: poñer en valor o noso.

✨
25/07/2026

  Tras meses dándolle voltas a cada detalle, corrixindo cousas, buscando mellores materiais, mellores solucións e intentando que a experiencia deste ano fose un pouquiño mellor ca do anterior, chegaba a semana clave. Días de moito correr, limpar, mercar, cociñar centos de petiscos caseiros, co...

25/07/2026

Hai lugares que se lembran. E hai outros que forman parte de quen somos.

Galicia é terra de viño, de tradición, de paisaxes que emocionan e de persoas que fan grande cada recuncho.

Seguiremos traballando para poñer en valor a nosa terra, as nosas raíces e todo aquilo que nos fai únicos.

Galicia non se explica. Galicia síntese… E nós temos a sorte de chamarlle fogar.

Feliz Día 💙

Sorrisos, brindes, encontros, reencontros, familias, amigos…  Iso é a Ruta das Airas.Durante meses soñamos con unha noit...
23/07/2026

Sorrisos, brindes, encontros, reencontros, familias, amigos… Iso é a Ruta das Airas.

Durante meses soñamos con unha noite así. Traballamos para encher Córgomo de vida e, grazas a vós, conseguimos vivila dunha maneira que nunca esqueceremos.

Cada prato servido, cada copa levantada e cada risa compartida fan que todo o esforzo pagase a pena.

Quédanos moito por aprender e por mellorar, pero unha cousa témola clara: seguiremos poñendo o corazón en cada edición.

Grazas por formar parte desta historia.

Vémonos na III Ruta das Airas ❤️

Grazas, de corazón ❤️
23/07/2026

Grazas, de corazón ❤️

La segunda edición volvió a llenar las airas de esta localidad de Vilamartín de Valdeorras con una propuesta que apuesta por los vinos de la D.O. Valdeorras ...

21/07/2026

Hai un ano soñabamos con crear unha ruta diferente. Hoxe, despois da segunda edición, só podemos dicir unha palabra: grazas.

Grazas por esgotar todas as entradas, por encher Córgomo de vida, por brindar, rir, bailar e facer que a Ruta das Airas sexa moito máis ca un evento.

Sabemos que non todo foi perfecto.

Somos os primeiros en recoñecer que aínda temos cousas que aprender, mellorar e perfeccionar. Se nalgún momento algo non estivo á altura das vosas expectativas, pedímosvos desculpas de corazón.

Cada edición ensínanos algo novo. E esta, que supuxo un salto enorme con respecto á primeira, deixounos moitas ideas para seguir medrando. Xa estamos traballando para que a próxima Ruta das Airas estea aínda mellor organizada, coidando cada detalle e facendo que a experiencia sexa a mellor posible para todas e todos.

Porque detrás de cada decisión hai un único obxectivo: que quen nos elixa marche para a casa coa sensación de querer volver.

Nada disto sería posible sen o traballo incansable de familiares e amigos. Grazas por deixarvos a alma para que todo saíse adiante.

E, sobre todo, grazas a vós.

Por confiar nun grupo de persoas que organiza isto con moitísima ilusión, con horas de traballo que non se ven e cunha única intención: facer algo bonito para o noso pobo e para todos os que nos visitades.

Porque detrás da Ruta das Airas estamos catro vinteañeiros cunha ilusión enorme, que adican centos de horas a pensar, organizar, cargar, limpar, mercar, cociñar e intentar que todo saia o mellor posible. Non somos unha gran empresa nin un equipo profesional, pero si somos catro persoas que poñen todo o corazón neste proxecto e que cada ano queren facelo un pouco mellor.

Isto non remata aquí.

É só o comezo.

Vémonos na III Ruta das Airas. ❤️

A partir das 20:30 h, poñemos á venda as 200 últimas entradas en taquilla.🎟️ 18 €Se quedaches sen a túa entrada anticipa...
17/07/2026

A partir das 20:30 h, poñemos á venda as 200 últimas entradas en taquilla.

🎟️ 18 €

Se quedaches sen a túa entrada anticipada… esta é a túa oportunidade.

Vémonos esta noite en Córgomo para vivir a II Ruta das Airas ✨

Ata esgotar existencias
❤️

17/07/2026

Hai meses que soñamos con este día.

E agora… xa está aquí. Mañá abrirémosvos as portas de meses de traballo feitos con todo o cariño do mundo.

Montaxes, compras, limpeza, cociñas acesas, petiscos feitos un a un e un equipo deixando todo para que só teñades unha preocupación: desfrutar. Porque cando dicimos que é caseiro… é porque realmente o é.

Córgomo volve encherse de vida. Agardamos que, cando remate a ruta, sintades aínda que sexa unha pequena parte de toda a ilusión que lle puxemos.

Mañá… vémonos na II Ruta das Airas.

🚨 OFICIAL: VOLVE A CARRETILLA!Non podía faltar.Despois da enquisa destes días… falastes ben claro. E aínda que a votació...
13/07/2026

🚨 OFICIAL: VOLVE A CARRETILLA!

Non podía faltar.

Despois da enquisa destes días… falastes ben claro. E aínda que a votación estivo ben rifada, xa temos nome oficial: A Carreta do Viño.

Porque hai tradicións que nacen sen pretendelo… e acaban converténdose nun imprescindible ❤️

Agora si… entramos na semana grande.

Tócanos correr, limpar, mercar, cociñar centos de petiscos caseiros, colocar carteis, montar postos, preparar viño, revisar cada detalle… e seguramente botaremos en falta algunhas horas ao día.

Pero facémolo coa mesma ilusión coa que empezamos todo isto.

Porque sabemos que, cando vexamos Córgomo cheo de xente, de risas, de brindes e de vida… todo o esforzo terá merecido a pena.

Grazas por estar aí, por participar, por facer tamén vosa esta Ruta e por axudarnos a crear pequenas tradicións como esta.

Xa non queda nada. Vémonos moi, moi pronto… e si, A Carreta do Viño tamén estará esperando por vós❤️

Hai historias que merecen contarse con calma.Antes de probar os viños que degustaremos na II Ruta das Airas, queremos pr...
04/07/2026

Hai historias que merecen contarse con calma.

Antes de probar os viños que degustaremos na II Ruta das Airas, queremos presentarvos ás persoas e aos lugares que os fan posibles.

Porque detrás de cada copa hai un pobo, familias que levan xeracións e outras que apostan polo futuro, adegas que coidan cada colleita e unha terra que lles dá sentido a todas elas.

A II Ruta das Airas non é só un percorrido entre viños.

É unha homenaxe á nosa terra, ás nosas viñas, ás nosas adegas e, sobre todo, á nosa xente.

Deslizade. Esta é a historia de Córgomo.

Hai emojis para case todo…Pero seguimos botando en falta algúns moi nosos. 😅
03/07/2026

Hai emojis para case todo…

Pero seguimos botando en falta algúns moi nosos. 😅

Dirección

Córgomo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ruta das Airas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ruta das Airas:

Atajos

Compartir

Categoría