Cineclub Bueu

Cineclub Bueu O Cineclub de Bueu é unha organización para a difusión e proxección do mundo da cinematografía. Asóciate!

O Cineclub Bueu, constituíuse o 13 de febreiro de 1999 da man dun grupo obxectores de conciencia que estaban realizando a Prestación Social no Concello de Bueu. Colaboraban na proxección de películas en 16 mm ao aire libre, e con este estímulo decidiron darlle forma aos seus intereses cinematográficos poñendo en marcha unha iniciativa a través da que dar saída aos títulos que non aparecían nas sal

as comerciais. É posible que a primeira película oficial do cineclub fose “F**king Amal”, de Lukas Moodysoon. Con moi poucas interrupcións, o Cineclub Bueu vén facendo proxeccións dende entón, ao principio cada quincena e a partir do ano 2004 con periodicidade semanal. O obxectivo principal da asociación nesta etapa foi o de examinar a historia do cine para presentar ao público escollido que nos seguía a nosa particular escolma da mitoloxía cinematográfica, tratando sempre de non reducila ao “discurso oficial” do cine norteamericano, de xeito que tiveran cabida propostas cuxa indubidable calidade é proporcional á súa escasa transcendencia mediática. A partir de outubro do 2015 estreamos nunha nova etapa, onde a actualidade marca a pauta. Buscamos agora o cine máis novo, as últimas propostas do chamado cine independente, alleo as canles de distribución masiva. Ás duras condicións mercantilistas ás que se ven sometidas as iniciativas sen ánimo de lucro de promoción da cultura cinematográfica, obrigounos a espaciar as proxeccións, restrinxíndoas a unha ao mes, mais en contrapartida o apoio do público parece ir en aumento. É xa a partir de xaneiro de 2017 cando ampliamos a nosa programación a dous, mesmo tres filmes mensuais, con títulos do cinema galego e a presencia dos realizadores para a súa presentación e posterior debate co público.

Neste mes de xuño, conmemoramos dúas efemérides que ben merecen ser celebradas con cinema 🎉💚 Día Mundial do Medio Ambien...
06/06/2026

Neste mes de xuño, conmemoramos dúas efemérides que ben merecen ser celebradas con cinema 🎉

💚 Día Mundial do Medio Ambiente 💚
12/06 🎞️ Cenizas del cielo (José Antonio Quirós / 2008)

🌈 Día do Orgullo LGTBIQ+ 🌈
26/06 🎞️ Maspalomas (José Mari Goenaga, Aitor Arregi / 2025)

🎦 Ás 21 horas no Centro Social do Mar!

Hoxe pechamos o Ciclo de Cinema Galego coa presenza de Anxos Fazáns, directoda do filme 'As liñas descontinuas' 🎬 Non fa...
29/05/2026

Hoxe pechamos o Ciclo de Cinema Galego coa presenza de Anxos Fazáns, directoda do filme 'As liñas descontinuas' 🎬 Non faltes á proxección e coloquio, ás 21 horas no Centro Social do Mar!

Unha parella, dous intres. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas.1918, Castelao deix...
22/05/2026

Unha parella, dous intres. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas.

1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia.

1929, o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia antes da "xeración Nós": Castelao e Virxinia antes de ser "nós".

Hoxe arrinca o Ciclo de Cinema Galego coa proxección da aclamada 'Sirât', de Oliver Laxe 📽️ Á 21 horas, no Centro Social...
15/05/2026

Hoxe arrinca o Ciclo de Cinema Galego coa proxección da aclamada 'Sirât', de Oliver Laxe 📽️ Á 21 horas, no Centro Social do Mar, teremos a sorte de contar con Pablo Lamosa, veciño de Bueu e responsable de Cormorán VFX, para que nos fale da súa participación nos efectos visuais do filme 🏆 'Sirât' obtivo o premio do Xurado no Festival de Cannes e acadou 2 nominacións aos Oscar, 6 premios Goya e 3 Mestre Mateo, incluído o de Mellor Película.

Volve o Ciclo de Cinema Galego!🎞 15/07 🔊 Sirât🎞 22/05 🖋️ Antes de nós🎞 29/05 🌊 As liñas descontinuas21h 🕘 Centro Social ...
14/05/2026

Volve o Ciclo de Cinema Galego!

🎞 15/07 🔊 Sirât
🎞 22/05 🖋️ Antes de nós
🎞 29/05 🌊 As liñas descontinuas

21h 🕘 Centro Social do Mar

O noso socio nº1, Afonso Fernández, representou esta mañá ao Cineclub Bueu na presentación do amplo programa co que se c...
11/05/2026

O noso socio nº1, Afonso Fernández, representou esta mañá ao Cineclub Bueu na presentación do amplo programa co que se conmemorarán as no Concello de Bueu 🎦 Lembrade que todos os venres deste mes temos Ciclo de Cinema Galego, ás 21 horas no Centro Social do Mar, onde contaremos con membros do equipo dos filmes para o coloquio co público.

ℹ️ concellodebueu.gal/o-concello-celebra-o-17-de-maio-a-xxv-romaria-das-letras-de-sanamedio-e-unha-programacion-variada-durante-o-mes-de-maio

En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha vese alterada cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, do que está di...
24/04/2026

En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha vese alterada cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, do que está distanciada. A súa compañeira de cuarto, Anu, tenta en van atopar un lugar na cidade para ter intimidade co seu mozo. Unha viaxe a unha vila costeira permitiralle atopar un espazo para que os seus desexos se manifesten 🎦 Filmoteca de Galicia

Se Carlos Boyero dixo que era "unha obra mestra", a peli que poñemos hoxe no Cineclub Bueu ten que ser excepcional 😉 Gús...
10/04/2026

Se Carlos Boyero dixo que era "unha obra mestra", a peli que poñemos hoxe no Cineclub Bueu ten que ser excepcional 😉 Gústenche ou non outros filmes de David Lynch, convidámoste a descubrir 'Unha historia verdadeira' en pantalla grande, unha xoia humanista tan necesaria nos tempos que corren 🎦 Ás 21 horas no Centro Social do Mar, de balde para as persoas socias e por só 2€ para as demais, grazas á colaboración da Filmoteca de Galicia.

Un film de David LynchAlvin Straight tiene 73 años, es viudo, vive en Iowa con su hija discapacitada Rose, padece un enfisema, tiene problemas de visión y de...

Baseada nun feito real ocorrido en 1994, 'Unha historia verdadeira' céntrase nun home de 73 anos que, tras enviuvar, viv...
08/04/2026

Baseada nun feito real ocorrido en 1994, 'Unha historia verdadeira' céntrase nun home de 73 anos que, tras enviuvar, vive coa súa filla, que ten unha discapacidade 🧑🏽‍🌾 O estado de saúde do protagonista non é moi bo: ten problemas de visión, non pode andar ben por culpa da cadeira, sofre un enfisema e ultimamente vén padecendo desmaios estraños 🩺 Cando recibe a nova de que o seu irmán, co que leva dez anos de inimizade, sufriu un infarto, decide ir velo 🚜 Terá que percorrer uns 500 km e farao no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacéspede.

Un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo separan a Sidahmed, Zaara e Taher da súa patria, que só ...
26/02/2026

Un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo separan a Sidahmed, Zaara e Taher da súa patria, que só coñecen a través das historias que lles contan seus pais 🇪🇭 Pertencen ao pobo saharauí, unha das comunidades máis esquecidas do mundo, abandonada nun campamento de refuxiados no medio do deserto despois de que Marrocos os expulsase do hai máis de corenta anos 🐪 As mozas e mozos protagonistas do filme pasan os días arranxando coches, a pesar de que non os poden levar a ningures, loitando por un cambio político que nunca chega e anhelando un futuro que probablemente non vai ocorrer 🫖 Con todas as expectativas, enerxía e ilusións da xuventude, soñan con elevarse por riba das fronteiras físicas que os rodean.

Dirección

Centro Social Do Mar
Bueu
36930

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cineclub Bueu publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cineclub Bueu:

Compartir