Festival Aturuxo

Festival Aturuxo Festival de música galega en Bravos, Ourol. Dende 2012. De balde

💛 Grazas.Grazas a Bruno e Alba, de Sacabeira, por sumar ilusión e apoio desde o primeiro momento.Grazas a Alovai por for...
16/06/2026

💛 Grazas.

Grazas a Bruno e Alba, de Sacabeira, por sumar ilusión e apoio desde o primeiro momento.

Grazas a Alovai por formar parte desta aventura.

Grazas a Roi, o parrilleiro maior, por manter sempre o lume aceso e facer que todo saiba mellor.

Grazas a Gráficas Eo por axudarnos a darlle forma a cada detalle.

Grazas a todos os colaboradores que puxeron o seu gran de area para facer isto posible.

E, sobre todo, grazas a todas e todos os que vos achegastes a compartir, g***r, cantar, bailar e vivir esta xornada con nós.

Porque sen vós, nada disto tería sentido.

✨ Vémonos no Aturuxo! ✨

🎶 Xa está aquí o cartel completo do XIV Festival Aturuxo! 🎶Dous días para celebrar a música, a tradición e a cultura pop...
15/06/2026

🎶 Xa está aquí o cartel completo do XIV Festival Aturuxo! 🎶

Dous días para celebrar a música, a tradición e a cultura popular nun entorno único. Foliadas, sesión vermú, xogos populares, circo, billarda e unha noite de concertos que promete facer tremer Bravos ata altas horas. 🔥

📅 17 e 18 de xullo
📍 Bravos (Ourol)
🎟️ Entrada e acampada de balde

Veñen de volta os reencontros, as cantigas ao redor da mesa, os bailes improvisados e ese ambiente que fai do Aturuxo algo especial cada ano. 💛

Quen se apunta a vivir unha fin de semana inesquecible? 🍻🎻

MúsicaGalega CulturaPopular Galiza VeránEnGaliza

09/06/2026

ten algo que contarvos!

Vémonos este sábado en

🔥 Xa chegou o merch do Aturuxo! 🔥Porque un día de festival non chega para gardar todos os recordos, leva o Aturuxo conti...
04/06/2026

🔥 Xa chegou o merch do Aturuxo! 🔥

Porque un día de festival non chega para gardar todos os recordos, leva o Aturuxo contigo todo o ano.✨

Faite co teu antes de que voen e presume de ser parte dunha das fins de semana máis especiais do verán.🐗

🖌️👨‍🎨:

✨ Xa quenta motores o XIV Festival Aturuxo! ✨O vindeiro 13 de xuño vémonos en A Sacabeira – Sargadelos para celebrar a n...
01/06/2026

✨ Xa quenta motores o XIV Festival Aturuxo! ✨

O vindeiro 13 de xuño vémonos en A Sacabeira – Sargadelos para celebrar a nosa festa presentación 🎉

🕢 Ás 19:30 presentaremos o cartel oficial desta nova edición do festival.
🎶 Ás 20:30 teremos o directo de ALOVAI para facer tremer a noite.

E ademais…
🎁 Sorteos
✨Merchandising
🥩 Churrasco e 🌱opción vegana á venda.
🍻 Moitas ganas de Aturuxo, música e comunidade.

Cada vez queda menos para volver aturuxar xuntos 💛🖤

📍 A Sacabeira – Sargadelos
📅 13 de xuño

FestivalGalego Sargadelos AturuxeirosDeBravos

A sesión vermú do XIV Festival Aturuxo xa ten banda sonora 🍻🪗🔥Este 18 de xullo estarán con nós os Pandeireteiros do Infe...
29/05/2026

A sesión vermú do XIV Festival Aturuxo xa ten banda sonora 🍻🪗🔥

Este 18 de xullo estarán con nós os Pandeireteiros do Inferno, preparados para poñer Bravos a cantar, bailar e aturuxar desde ben cedo 💥

Foliada, festa e moita retranca para seguir vivindo o festival como máis nos gusta 🐗🎶

📍 Bravos, Ourol
🏕️ Entrada e acampada de balde

Foliada MúsicaGalega

Dende Ponteareas chega ao XIV Festival Aturuxo a parte máis cañera desta edición 🔥Vimbio aterra en Bravos coa súa mestur...
25/05/2026

Dende Ponteareas chega ao XIV Festival Aturuxo a parte máis cañera desta edición 🔥

Vimbio aterra en Bravos coa súa mestura explosiva de metal dos 90 e 2000 co flow contundente de Álex Arnoso, voz coñecida por moitos polo seu traballo en SonDaRúa 🎤⚡

Con guitarras potentes, ritmos demoledores e unha proposta fresca que vén revolucionar a escena metal galega, Vimbio chega disposto a facer tremer o festival. O seu primeiro disco, “Comeza o Xogo”, xa deixa claro que veñen preparados para poñer o público a saltar sen descanso 🤘

Se o voso é o ruído, a enerxía e os directos intensos… o 18 de xullo tedes unha cita obrigatoria en Bravos 💥

📍 Bravos, Ourol
🏕️ Entrada e acampada de balde

Subiu ao escenario do Aturuxo nas primeiras edicións, formou parte da organización e do voluntariado durante moitos anos...
25/05/2026

Subiu ao escenario do Aturuxo nas primeiras edicións, formou parte da organización e do voluntariado durante moitos anos… e este verán volve a Bravos dunha maneira moi especial 💛

O 18 de xullo teremos con nós a Sabela, nun concerto que promete ser deses que se viven coa pel de galiña, cantando, saltando e vibrando de principio a fin ✨

Para ela será unha noite moi emotiva. Para nós, un orgullo enorme tela de volta no festival que tamén é a súa casa 🐗🎶

📍 Bravos, Ourol
🏕️ Entrada e acampada de balde

19/05/2026

A XIV edición celebrarase os días 17 e 18 de xullo con entrada e acampada gratuítas e coa participación confirmada de Tumba e Dalle e A Banda de Balbina

Aló polo 2015 chegaron a Bravos para montar unha daquelas festas que aínda hoxe moita xente segue lembrando 🍻🔥Desde aque...
18/05/2026

Aló polo 2015 chegaron a Bravos para montar unha daquelas festas que aínda hoxe moita xente segue lembrando 🍻🔥
Desde aquela, ano tras ano, fostes moitos os que nos preguntastes por eles, os que pedistes a súa volta e os que nunca esquecestes aquela noite. E claro… se algo ten o Aturuxo é que tamén se constrúe escoitando á xente que lle dá vida 💥
Así que este ano tocaba facervos caso: A Banda da Balbina volve ao Festival Aturuxo para traer de novo toda a súa música, o seu humor e esa maneira tan súa de converter cada concerto nunha auténtica festa 🎶🐗
Preparade as ganas de cantar, bailar e botar unhas boas risas, porque o 18 de xullo Bravos vai volver vivir outra noite histórica da man dunha banda que xa forma parte da historia do festival 💃🪗
📍 17 e 18 de xullo. Bravos, Ourol
🏕️ Entrada e acampada de balde
🐗 XIV Festival Aturuxo

Dirección

Chao De Bravos S/N
Bravos
27865

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival Aturuxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Aturuxo:

Compartir

Categoría