20/08/2026
Mil grazas por todo. Seguimos… xa esta ahi o gran dia
🛻 VOLVEN OS RETROCLÁSICOS A BARREIROS
📅 A cita terá lugar este sábado, 22 de agosto, a partir das 10 da mañá no aparcamento de Coto.
🚗 Máis de 170 vehículos inscritos ocuparán a explanada de Coto ata as 13:30, cando a abandonarán en caravana para dirixirse á zona de Arealonga, onde permanecerán ata arredor das 17horas.
🛣️ A esa hora dará comezo a ruta pola estrada das praias de Barreiros, volvendo ao aparcamento sobre as 18:30 para a entrega de premios e a clausura da xornada, que está prevista para as 20:30h.
👥Nesta cita, que acumula cada vez máis éxito, participarán máis de 300 persoas, que tiveron que limitarse por cuestións de aforo na organización do xantar.
💚 Nesta edición tomarán parte persoas chegadas de Pamplona ou Bilbao, que se sumarán a participantes de todo Estado, como ten acontecido en anos anteriores con persoas chegadas mesmo de Jaén.
🌍 O evento organizado por retroclasicos_barreiros conta coa colaboración do Concello de Barreiros, por ser unha actividade que proxecta o noso concello nun ámbito moi específico e que achega a beleza do noso concello cada ano máis persoas amantes dos vehículos clásicos.