Festa dos Botes

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Festa dos Botes Páxina oficial da Festa dos Botes de Arzúa
7, 8 e 9 de agosto 📅📅
De balde!! 🆓
XA

12/10/2026

Por aquí vos deixamos máis información sobre como podes poñer o teu gran de area ou, neste caso, o teu feixe de castañas para o Magosto Popular Arzuán do 30 de OUTUBRO!

1️⃣ Trae as túas castañas o propio día do Magosto, serán asadas polas mans de auténticos profesionais! 🌰

2️⃣ Participa na recollida colectiva que faremos este mércores 14 as 18:00h. O punto de partida será o campo da festa de Santa María. 🏰

3️⃣ Deixa as túas castañas nuns baldes que poñeremos a vosa disposición na Casa de Correos a partir do propio mércores. Non hai excusa para non facer unha pequena aportación! Abstéñanse vermes, grazas…🐛🐛🐛

Fagamos posible o Magosto Popular Arzuán entre todos e todas! E estade atentos e atentas as nosas redes que pronto faremos públicos algúns dos nosos segredos máis escuros para ese día… 👻🎃💀



Co que nos gustan a nós unhas boas festas pagás…non nos iamos quedar sen celebrar o Magosto e o Samaín! 🌰👻Dende a Asocia...
09/10/2026

Co que nos gustan a nós unhas boas festas pagás…non nos iamos quedar sen celebrar o Magosto e o Samaín! 🌰👻

Dende a Asociación Xuventude Arzuá sómosche como os celtas e este VENRES 30 DE OUTUBRO queremos darlle a benvida e festexar un novo ano de troula, xuntanzas e recordos compartidos .

E como seica din que quen non queima os dedos non come castañas… organizámosche tamén unha xornada de recollida o vindeiro mércores 14 pola tarde! Faremos un roteiro sinxelo e o máis accesible posible por algunhas das nosas parroquias máis próximas para ter boa materia prima durante a nosa algheirada. 🎶

🪣🧤Preparade os vosos baldes e luvas que alá imos! Temos MOITAS SORPRESAS AÍNDA POR ANUNCIAR de cara ao día 30 de outubro coas que estamos seguras de que vos remataremos por convencer…

Así estoupedes como unha castaña! 🔥🔥🔥

🚨Non iamos ser menos! Xa que se convocan eleccións xerais nós tamén aproveitamos o tirón para facer unha nova Asemblea A...
07/10/2026

🚨Non iamos ser menos! Xa que se convocan eleccións xerais nós tamén aproveitamos o tirón para facer unha nova Asemblea Aberta. 🎉

Dende a Asociación Xuventude Arzúa volvemos con moita forza e ganas pero precisamos das túas mans e da túa voz para seguir medrando, para seguir poñendo en valor a nosa identidade como pobo e para seguir creando esta comunidade que ano tras ano xa é máis grande e diversa. 🫂🌟

Botarémoslle uns bos contos, falaremos da nova edición da Festa dos Botes, da asociación e das diferentes actividades que temos en mente facer e de como podes axudarnos e daquilo que ti queiras compartir ou propoñer. 🎶

🗓️ DÍA: Que mellor que un martes 13!?
🕢 HORA: 20h
📍 LUGAR: Multiusos Terra do Queixo

Cantas máis sexamos, mellor! Comparte e anímate!

Fdo.
A Asociación Xuventude Arzuá e a futura comisión da nova edición da Festa dos Botes!

06/08/2026

🎉🥫43ª FESTA DOS BOTES 🥫🎉

🔥🫂 Arzúa sabe que Cutinocho está a punto de saír á rúa cando a vila se enche de Botes e a Queixeira presume da súa camiseta. Este ano tivemos unhas axudantes moi especiais, xeracións que sumaron as súas forzas para pór todo a punto para a nosa Festa. Porque así é a Arzuanía, unirnos para que as tradicións do pasado perduren no futuro.

☄️🏡 Tedes ganas de que chegue o venres?

Grazas a por esta chulada de vídeo e a todas as voluntarias que saen nel, sodes increibeís. 🥰🫶

‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE ‼️Aquí tedes todo o que precisades saber para esta fin de semana. Este ano volvemos contar cunh...
05/08/2026

‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE ‼️

Aquí tedes todo o que precisades saber para esta fin de semana. Este ano volvemos contar cunha oferta gastronómica de foodtrucks, con opcións de calidade para todos os gustos. Así como o mercado de artesanía con postos moi interesantes e ata un tatuador 🙌 (rogamos que pensedes ben que facervos para que nadie se arrepinta o luns ao ir traballar). Poderedes atopar tamén a info da acampada e un pequeno mapa da zona de concertos e de aparcamento. 😋⛺️

‼️ Tamén queremos destacar que durante a noite do sábado habilitarase un Punto Lila atendido por profesionais na Rúa Alcalde Juan Vidal.

👧 No post tamén atoparedes información sobre as actividades infantís que este ano ampliamos a sesión vermú do sábado.

‼️ Recordámosvos que a Festa dos Botes é un espazo diverso, plural e respectuoso coas diferentes realidades que existen na sociedade e na vila de Arzúa. E non toleraremos ningún tipo de discriminación ra***ta, machista, LGTBIfóbica, nin ningunha outra.✊🏼🟰

Grazas a bb.wav 🦂 polo traballazo.

MOCA 🍷🍻🎲 Non, non nos olvidamos da Moca nin imos prescindir dela, non estamos tolos, nese sentido. Pero algo tan noso me...
05/08/2026

MOCA 🍷🍻

🎲 Non, non nos olvidamos da Moca nin imos prescindir dela, non estamos tolos, nese sentido. Pero algo tan noso merecía un espazo privilexiado.

🫗 Tedes o corpo entrenado? O venres ás 22:15 no Estanco Cascón daremos o pistoletazo de saída a unha nova edición da Moca. Tedes a información de inscrición, custo e participantes na publicación.

👨🏽‍🦳 E como novidade… Nace a categoría +30, que todas merecemos sentir o formigueo de poder gañar a Moca.



Grazas a por todo o seu traballo 🫂

ARZUANÍA  #03 ☄️👝🎒Como non hai dous sen tres, chegan as novas totebags. Cun deseño que une dous fitos históricos deste 2...
04/08/2026

ARZUANÍA #03 ☄️👝

🎒Como non hai dous sen tres, chegan as novas totebags. Cun deseño que une dous fitos históricos deste 2026, a eclipse e a , que soubo plasmar nestas sacas que non deixan indiferente a ninguén.

✌🏽Nun contexto internacional marcado polas guerras e o auxe do belicismo, nós reclamamos un mundo de paz e no que o único que caian do ceo sexan os pucheiros.

⁉️A que agardades para facervos coa vosa?

Grazas a David Miranda por estas tremendas fotos!! E as modelazos que temos que son o futuro da festa ademáis 🙊

🛒Estarán á venda toda a semana e a finde na mesa de merchandising da comisión. De martes a xoves de 19:00 a 21:30, venres de 18 a 21:00, sábado de 13:00 a 16:00 e de 18:00 a 20:30.

AS COMISIÓNS 📻😈O Exército Mekemeke e a Guerrilla Arzuá unen forzas para traervos un especial pola  . Como todos sabedes ...
03/08/2026

AS COMISIÓNS 📻😈

O Exército Mekemeke e a Guerrilla Arzuá unen forzas para traervos un especial pola . Como todos sabedes o pregón deste ano será a cargo das primeiras comisións arzuás e aproveitando a sabiduría destas lendas teremos un programa enteiro dedicado a coñecer o lado máis escuro da organización dunha festa. 🎙️🔙

Estades todos e todas máis que convidados a formar parte desta parroquia este mércores as 19:30 no Xardín da Casa de Correos coa presenza invitados moi especiais. 🏡🙊



Mirade que juapazos que son

UNIFORME 2026 👕🤘🏽Chegou o momento máis agardado do ano, desvelamos o uniforme da  . Neste 2026 pasaron moitas cousas, Ba...
31/07/2026

UNIFORME 2026 👕🤘🏽

Chegou o momento máis agardado do ano,
desvelamos o uniforme da . Neste 2026 pasaron moitas cousas, Bad Bunny montou a súa casita e como nós somos moito mellores e ademais precarizadas e sen vivenda propia decidimos montar a nosa propia casiña. As guerras e os señores da guerra seguen atormentando a medio mundo. Pero non todo ía ser malo, entre todas paramos Altri, tivemos unha Liga Local para o recordo que nos seguirá dando moitas alegrías e o Mundial deunos una idea, mudar as pausas de hidratación de 3 minutos por 3 días, así que durante o 7, 8 e 9 estaremos dándolle ben forte á hidratación. 💣🏳️

Aínda que a camiseta obra de manduchas é ben fermosa, estamos tolamente namorados da pañoleta que debuxou Guille na I Romaría da Bola, vaia artistas temos no pobo, costounos tanto escoller que tivemos que recorrer a vós. 🥰👦🏻

E quixemos aproveitar esta sesión de fotos para sinalar a importancia de deixar semente, porque despois de xente como Jorge ou Tere que impulsaron e mantiveron a festa viva viñemos nós e agora tócanos deixar paso a máis xente que siga facendo que os Botes sexan o orgullo de todo un pobo, nuns anos queremos que xente como Julia ou Guille sexan quen escriban estas verbas, porque iso significará que algo fixemos ben. OS BOTES SODES VÓS!
🔙🫂🔮

Grazas a Guille, Jorge, Noa, Tere e Julia por ser tan bos modelos. Normal que a camiseta se vexa tan ben. E a Olalla por saber capturalo tan ben.

Este ano teremos como novidade para todos os que merquedes a camiseta unha chapa especial desta edición e un vaso que será empregado na sesión vermú do sábado, así que traedeo que senón imos ter que cobrarvos 1 euriño. Ambas cousas deseñas polo noso querido Señor Camino .



PD: As chapas e vasos están en camiño polo que de momento coa camiseta daranvos un vale que poderedes canxear cando cheguen.

Dirección

Praza De Galiza
Arzúa

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festa dos Botes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festa dos Botes:

Atajos

Compartir

Categoría