Festa do Boi

Festa do Boi Festa declarada de interese turístico galego que celebrou no 2017 o seu 700 aniversario. No sec.

XIV habitaba en Allariz unha poboación xudía respectable, confinada no barrio de Santo Estevo, extramuros, que vivía conxugando un innegable dinamismo económico co acoso provocado pola “oficialidade” cristiá, moradora da cidade amurallada. Chegada a festividade do Corpus, e aproveitando que a procesión do Santísimo necesitaba saír extramuros para achegarse ao convento, era cando aproveitaban os xudeus para desafogaren as súas iras e frustracións, berrando e insultando ao paso da procesión. Contan os cronistas que Xan de Arzúa, un fidalgo alaricano de profundas conviccións relixiosas, decidiu dar fin a esta situación. Chegada a procesión do 1317 montou a lombos dun boi e acompañado por varios criados e cargado de sacos con formigas encabezou a procesión do Corpus. Cando os xudeus apareceron para boicotear o acto, a base de cornadas e chuvia de formigas axotou para sempre os xudeus. Dende entón e ata 1936, todos os anos polo Corpus saía o Boi en Allariz. Durante a guerra suspendeuse, para despois dela espertar lentamente, apagándose de forma definitiva a finais dos 50, principios dos 60. Dende entón, e segundo palabras de Antonio Blanco, “o Boi vive agochado no corazón dos alaricanos”, ata que en 1983, un grupo de mozos decide recuperar a festa, e o boi volve correr por Allariz, e con el un municipio con orgullo da súa historia e das súas tradicións. O ascenso en participación, popularidade e proxección pública da festa dende a súa recuperación é espectacular; boa proba disto, son os 9 días de duración actual da festividade e do número de visitantes que se achegan todos os anos polo Corpus Christi a Allariz.

Onte rematou o prazo para solicitar os premios das rifas do Boi. Apareceron o 1947 e o 1672.A persoa que tiña o 078 non ...
10/06/2026

Onte rematou o prazo para solicitar os premios das rifas do Boi.
Apareceron o 1947 e o 1672.
A persoa que tiña o 078 non apareceu dentro do prazo establecido polo que pasamos ao número de reserva que é o 0220.
A persoa que teña esta rifa ten ata o domingo 14 de xuño ás 23.59h para poñerse en contacto connosco.
Grazas a tod@s.
Arriba o Boi!!!!!

07/06/2026

O broche de ouro máis emocionante para a 🕊️🐂

Dedicamos a última publicación desta edición a un momento dos que che poñen un n**o na gorxa e os pelos de punta. Os homes e as mulleres do sedeño quixeron renderlle unha sentida homenaxe a Paco García, que nos deixou en xaneiro pero que estivo moi presente en cada saída deste ano.

Foi un recoñecemento de puro corazón a alguén que tanto fixo e tanto deu pola nosa Festa do Boi. Paco xa non está con nós, pero o seu legado e a súa paixón seguen guiando o sedeño en cada saída por Allariz. Alá onde esteas, grazas por tanto, Paco! ❤️

Despedimos así uns días inesquecibles, gardando o pano coa emoción a flor de pel e sabendo que a roda non para: quedan 349 días para a Festa do Boi 2027.

Sempre na nosa memoria. ✨

Levamos uns días intensosOrgullo de Allariz💚ARRIBA O BOI!!!
07/06/2026

Levamos uns días intensos
Orgullo de Allariz💚
ARRIBA O BOI!!!

Estes son os boletos premiados no sorteo realizado agora mesmo. As persoas agraciadas teñen ata ás 23.59 h do martes 9 d...
04/06/2026

Estes son os boletos premiados no sorteo realizado agora mesmo.
As persoas agraciadas teñen ata ás 23.59 h do martes 9 de xuño para reclamar o premio.
Arriba o Boi!

Lembramos que a partir das 23.00h de hoxe non se pode aparcar no Campo da Barreira. Grazas pola vosa colaboración!
31/05/2026

Lembramos que a partir das 23.00h de hoxe non se pode aparcar no Campo da Barreira.
Grazas pola vosa colaboración!

A primeira xornada da Festa do Boi foi espectacular! 🐂🎉Un agradecemento enorme á Asociación Veciñal de Roimelo por esa m...
31/05/2026

A primeira xornada da Festa do Boi foi espectacular! 🐂🎉

Un agradecemento enorme á Asociación Veciñal de Roimelo por esa marabillosa Trata do Boi. Que xeito de facer festa e facer comunidade! 🙌💥
Grazas ao noso correxedor de honra, Pablo Hernández por tantos anos de colaboración!

Hoxe comezamos nun ratiño. Recorda que tivemos un cambio de localización da Procesión do Xan de Arzúa, comeza na Barreira!

Botádelle un ollo ao programa na web para non perder nada:

🌐 festadoboi.gal

🐂 ARRIBA O BOI🥳 Pano, camiseta, pulseira, colga-vasos... ¡Todo listo! ✨Hoxe arrancan 9 días de tradición, emoción e moit...
30/05/2026

🐂 ARRIBA O BOI🥳
Pano, camiseta, pulseira, colga-vasos... ¡Todo listo! ✨

Hoxe arrancan 9 días de tradición, emoción e moito ambiente na Festa do Boi. Allariz é festa e nós estamos máis que listos para vivilo ao máximo e pasalo en grande. Porque este ano, máis ca nunca... ¡Paco, o Boi vai por ti!

📑 Para que non te perdas nada, consulta a programación:

🌐 Na nosa web, www.festadoboi.gal

🏪 Na tenda da festa, Campo da Barreira

📜 E se queres levala contigo, achégate á tenda e pide o teu programa en papel.

Preparemos o calzado cómodo e as ganas de g***r. Vémonos nas rúas de Allariz! 🙌

Algo se coce mañá en Roimelo!Vémonos ás 12.30h na Festa da Trata!
29/05/2026

Algo se coce mañá en Roimelo!
Vémonos ás 12.30h na Festa da Trata!

🎈 ¡Festa Segura no Boi! 🎈​⚪ As nosas crianzas, sempre protexidas coas Pulseiras Brancas ⚪​A Asociación Cultural Xan de A...
29/05/2026

🎈 ¡Festa Segura no Boi! 🎈
​⚪ As nosas crianzas, sempre protexidas coas Pulseiras Brancas ⚪
​A Asociación Cultural Xan de Arzúa e o Concello de Allariz queremos que a única preocupación sexa desfrutar. Por iso, poñemos á disposición das familias as pulseiras brancas de seguridade na Tenda do Boi.
​¿En que consisten?
​📍 Dispoñibles na tenda: Calquera papá, mamá ou titor pode recoller unha pulseira totalmente de balde.
​✍️ Espazo para o teléfono: Na pulseira debedes anotar o voso número de contacto.
​🧒 Fácil para eles e elas: Explicádelle á vosa crianza que, se nun momento de despiste se perde, só ten que amosarlle a pulseira a un adulto para que chame ao número de teléfono que está alí escrito.
​Un pequeno xesto para unha festa 100% segura para todos e todas. ¡Colle a túa e a desfrutar de Allariz con tranquilidade! 🎉

Dirección

San Lázaro 13
Allariz
32660

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa do Boi publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festa do Boi:

Atajos

Compartir

Categoría