Mostra de Curtas Vila de Noia

Mostra de Curtas Vila de Noia Mostra Internacional de Curtametraxes Vila de Noia
🌟 Festival calificador Premios Goya 🌟
🌟 Festival calificador Premios Forqué 🌟

🌟 Novas historias, novas miradas.Este ano estreamos unha sección co premio á Mellor Curtametraxe Documental. Un galardón...
13/05/2026

🌟 Novas historias, novas miradas.
Este ano estreamos unha sección co premio á Mellor Curtametraxe Documental.
Un galardón que chega coa intención de consolidarse dentro do palmarés da Mostra, nunha aposta por dar cabida a historias que exploran realidades pasadas, presentes e futuras, ampliando as posibilidades do cinema curto máis alá da fición.
———
Este año estrenamos sección con premio al Mejor Cortometraje Documental.
Un galardón que llega con la intención de consolidarse dentro del palmarés de la Mostra, en una apuesta por dar cabida a historias que exploran realidades pasadas, presentes y futuras, ampliando las posibilidades del cine corto más allá de la ficción.
———
The Noia International Short Film Festival introduces a new award for Best Documentary Short Film. This new section debuts with the aim of becoming a permanent part of the festival’s program and seeks to embrace stories that explore past, present, and future realities, expanding the possibilities of short-form cinema beyond fiction.

Recordos da pasada Mostra 🎬Durante a 26ª edición, puidemos desfrutar da compañía de Ana Liébana, guionista do documental...
27/04/2026

Recordos da pasada Mostra 🎬

Durante a 26ª edición, puidemos desfrutar da compañía de Ana Liébana, guionista do documental 'Solo pienso en ti'.

A película, dirixida por Hugo de la Riva, constrúese desde a verdade de tres historias: a de amor de Mariluz e Antonio, a da bondade do doutor Juan Pérez Marín e a da mirada comprometida do cantautor Víctor Manuel.

Liébana falounos de como se foron tecendo estes camiños.

🔵 Open CallXa están abertas as inscricións para a 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia, que terá lugar no mes de novembro e...
13/04/2026

🔵 Open Call

Xa están abertas as inscricións para a 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia, que terá lugar no mes de novembro e que incorpora ao palmarés un novo galardón: o de Mellor Curtametraxe Documental.
As curtametraxes poderán inscribirse a través da plataforma Festhome ata o 10 de xullo de 2026. Máis información no link da bio.
———
Ya están abiertas las inscripciones para la 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia, que tendrá lugar en el mes de noviembre y que incorpora al palmarés un nuevo galardón: el de Mejor Cortometraje Documental.
Los cortometrajes podrán inscribirse a través de la plataforma Festhome hasta el 10 de julio de 2026. Más información en el link de la bio.
———
The call for entries is now open for the 27th Mostra de Curtas Vila de Noia – Noia International Short Film Festival.
The festival, which will take place this November, introduces a new Best Documentary Short Film category this year.
Submissions are now open via the Festhome platform until July 10, 2026. For more information, please visit the link in our bio.

08/04/2026

Fostes moitas as persoas que nos acompañastes na última edición.
Estes días traeremos novas da 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia. Quedade atentas e atentos!

———

Fuisteis muchas las personas que nos acompañasteis en la última edición.
En estos días traeremos novedades de la 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia.

🔗 curtasnoia.gal

Hai xusto unha semana celebrabase a gran festa do audiovisual galego, unha cita para recoñecer o talento e a paixón que ...
28/03/2026

Hai xusto unha semana celebrabase a gran festa do audiovisual galego, unha cita para recoñecer o talento e a paixón que fan medrar o noso cinema.

E alí, unha vez máis Chicha Blanco —veciña de Noia e sempre vencellada á nosa Mostra— volveu brillar co seu traballo, acadando xunto con Lorena Calvo e o resto do equipo o premio Mestre Mateo na categoría a Mellor Maquillaxe e Perruquería polo filme Antes de nós.

Un recoñecemento máis a unha traxectoria feita con dedicación e amor polo oficio.
Por moitos éxitos máis e por seguir construíndo audiovisual.

Moitos parabéns, Chicha.

🎬 'Conexiones inesperadas', de Óscar Toribio, aborda a fenda tecnolóxica que afecta á xente maior e pretende visibilizar...
25/02/2026

🎬 'Conexiones inesperadas', de Óscar Toribio, aborda a fenda tecnolóxica que afecta á xente maior e pretende visibilizar os obstáculos desta nova era dixital, que tamén impacta ás novas xeracións.

Nun contexto no que o consumo audiovisual é cada vez máis rápido e fragmentado, especialmente polo uso constante dos dispositivos móbiles, a curta narra a reconexión dun avó co seu neto a través das redes sociais. Unha historia que busca repensar as relacións máis alá das pantallas sen deixalas fóra da ecuación.

Óscar acompañounos tamén na sesión de proxección na Sección Oficial e en Curtacativa, durante a pasada edición.

[ES] 'Conexiones inesperadas', de Óscar Toribio, aborda la brecha tecnológica que afecta a la gente mayor y pretende visibilizar los obstáculos de esta nueva era digital, que también impacta a las nuevas generaciones.

En un contexto en el que el consumo audiovisual es cada vez más rápido y fragmentado, especialmente por el uso constante de los dispositivos móviles, el corto narra el la reconexión de un abuelo y su nieto a través de las redes sociales. Una historia que trata de repensar las relaciones más allá de las pantallas sin dejalas fuera de la ecuación.

Óscar nos acompañó también en la sesión de proyección en la Sección Oficial y en Curtacativa, durante la pasada edición.

🎞️A curtametraxe abre unha porta á creación desde a liberdade artística e a multiplicidade de linguaxes. Un formato sen ...
18/02/2026

🎞️A curtametraxe abre unha porta á creación desde a liberdade artística e a multiplicidade de linguaxes. Un formato sen límites que, desde a súa brevidade, nos invita a experimentar, a repensar as historias e a explorar novas formas de contalas, asumindo tamén maiores riscos interpretativos.

Mabel Rivera acompañounos na pasada edición para presentar a curta 'A-Maniki', de Elixabet Núñez, da que é protagonista. A intérprete aproveitou a trama do filme para reflexionar sobre a invisibilidade que sofre a xente maior en moitos ámbitos da vida: “O mundo das curtas paréceme interesantísimo. A nós, ás actrices maiores, permítenos contar historias moito máis arriscadas que nas producións da industria establecida”.

[ES] El cortometraje abre una puerta a la creación desde la libertad artística y la multiplicidad de lenguajes. Un formato sin límites que, desde su brevedad, nos invita a experimentar, a repensar las historias y a explorar nuevas formas de contarlas, asumiendo también mayores riesgos interpretativos. Mabel Rivera nos acompañó en la pasada edición para presentar el corto 'A-Maniki', de Elixabet Núñez, del que es protagonista. La intérprete aprovechó la trama del filme para reflexionar sobre la invisibilidad que sufre la gente mayor en muchos ámbitos de la vida: 'El mundo de los cortos me parece interesantísimo. A nosotras, las actrices mayores, nos permite contar historias mucho más arriesgadas que en producciones de la industria establecida".

🔵 Curtacativa segue a medrar ano tras ano. O programa didáctico da Mostra, dirixido aos centros educativos de Noia e da ...
10/02/2026

🔵 Curtacativa segue a medrar ano tras ano.

O programa didáctico da Mostra, dirixido aos centros educativos de Noia e da súa contorna, continúa a fomentar a paixón polo cinema e sementar un espazo para reflexionar e inspirarse, garantindo un acceso igualitario á cultura audiovisual.

Máis de 4000 estudantes visitaron o Coliseo Noela nesta última edición, para a proxección de curtametraxes.

[ES] Curtacativa continúa creciendo año tras año. El programa didáctico de la Mostra, dirigido a los centros educativos de Noia y alrededores, fomenta la pasión por el cine y siembra un espacio para reflexionar e inspirarse, garantizando un acceso igualitario a la cultura audiovisual. Más de 4000 estudiantes visitaron el Coliseo Noela en esta última edición, para la proyección de cortometrajes.

A música, os sons e o silencio, máis alá das palabras, non son elementos aleatorios na creación dun filme. Son un diálog...
26/01/2026

A música, os sons e o silencio, máis alá das palabras, non son elementos aleatorios na creación dun filme. Son un diálogo coa imaxe que enfatiza as nosas sensacións sobre o que está a acontecer e conecta coas nosas emocións. A música non só acompaña a historia, tamén a completa.

Jorge Magaz, compositor de bandas sonoras para filmes como 'La mirada de Ouka Leele' ou 'Hotel Coppelia', e membro do xurado desta pasada edición, falou sobre os procesos de creación da música no audiovisual e sobre ese outro diálogo que se establece entre a dirección e a composición.

[ES] La música, los sonidos y el silencio, más allá de las palabras, no son elementos aleatorios en la creación de una película. Son un diálogo con la imagen que enfatiza nuestras sensaciones sobre lo que está ocurriendo y conecta con nuestras emociones. La música no solo acompaña a la historia, también la completa.

Jorge Magaz, compositor de bandas sonoras para películas como 'La mirada de Ouka Leele' o 'Hotel Coppelia', y miembro del jurado de la pasada edición, habló sobre los procesos de creación de la música en el audiovisual y sobre ese otro diálogo que se establece entre la dirección y la composición.

23/01/2026

A curtametraxe é un formato que permite expandir as fronteiras do cinema, explorando novas linguaxes desde a brevidade e a liberdade artística.

'Calorcito vital' é unha fábula que ensancha os límites da creación. Javier Sánchez-Blanco y Javier Bermejo narran como tres mulleres, atrapadas nunha pequena cabana durante unha dura tormenta de neve, tentan xestionar os poucos recursos dos que dispoñen e loitan por sobrevivir. Unha crítica a unha sociedade con tendencia ao egoísmo e á autodestrución.

Os Javis estiveron en Noia para presentar o filme, seleccionado na Sección Oficial e aproveitamos para falar con eles de como naceu a idea, cales foron os procesos aos que se enfrontaron durante a creación e das dificultades de facer cine independente.

🔗 Xa podedes ver esta e outras entrevistas na nosa canle de Youtube (enlace na bio)

[ES] 'Calorcito vital' es una fábula que ensancha los límites de la creación. Una historia que cuenta cómo tres mujeres, atrapadas en una pequeña cabaña durante una dura tormenta de nieve, intentan gestionar los pocos recursos de los que disponen y luchan por sobrevivir. Una crítica al egoísmo y autodestrucción de la sociedad.
Pudimos hablar con ellos sobre cómo nació la idea, cuáles fueron los procesos a los que se enfrentaron durante la creación y de las dificultades de hacer cine independiente.

Dirección

Rúa Curro, 0, Noia
A Coruña
15200

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mostra de Curtas Vila de Noia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Mostra de Curtas Vila de Noia:

Compartir