01/11/2024
XXV MOSTRA DE CURTAS
——— Vila de Noia ———
📸 Resumo fotográfico - 31 de outubro
Esta segunda xornada estivo repleta de curtametraxes para todos os gustos amosando a grande calidade dos traballos presentados.
Pero sobre todo foi unha xornada diferente, marcada polos tráxicos momentos que están a acontecer nas zonas do Levante, Andalucía e Castela a Mancha.
Dende a Mostra non quixemos deixar pasar a oportunidade de enviar o noso ánimo a todas as persoas afectadas e os seus familiares, entre os que se atopan curtametraxistas, actores ou productores, que nestes momentos tan dificiles deben estar cos seus.
Dende Noia a nosa máis sincera aperta.
Lembrade que todavía podedes adquirir as entradas 🎟️ na web de ataquilla.com e o programa tanto na bio de instagram e na páxina de facebook.
📸 Pichero Estudio Fotografico