Animacción: Festival Internacional de Cine de Animación

Animacción: Festival Internacional de Cine de Animación La Animación vuelve a A Coruña. Sen Ánimo de Nome y Ánimas Anónimas. Colectivo de animación p
(1)

Ola, xentiña! Un ano máis o Festival Animacción abre o seu concurso de cortiniñas cun premio de 100 €. O tema é a celebr...
10/09/2026

Ola, xentiña! Un ano máis o Festival Animacción abre o seu concurso de cortiniñas cun premio de 100 €. O tema é a celebración do noso décimo aniversario, xa que levamos nada menos que DEZ EDICIÓNS XA 🎂🎂🎂🎂🥳🥳🎉🎉🎉🎉🎉🎉 O prazo estará aberto ata o 18 de outubro e as animacións deben ter entre 7 e 10 segundos cunha resolución 1080p. Podedes engadir efectos de son, pero non música. Para dúbidas e envíos usade o noso correo: [email protected]

03/11/2025

PREMIADO CONCURSO DE CORTINILLAS

Moi boas amantes da animación.
Hoxe queremos agradecer a todas as persoas que se animaron a presentar unha peza ó concurso de cortiniñas do festival Animacción. Ogallá puidésemos darlles premio a todas porque todas foron fantásticas e valoramos enormemente o esforzo de cada animador e admiramos a súa arte. Gracias de todo corazón a tod@s.

Así pois mostramos as cortiniñas finalistas do concurso e a cortiniña gañadora.

CORTINIÑAS FINALISTAS:
Breogan Sousa -
Tatiana e Victoria -
Chus Mallada
Ahinoa Sousa - .bad.art.0o
Irene Fontan - .mkv

CORTINIÑA GAÑADORA:
Pedro Terrados -

Noraboa a tod@s! e mil gracias por participar.

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes





Ánimas Anónimas. Asociación de animación

́n

PALMARÉS FESTIVAL - MENCIÓNS ESPECIAIS E PREMIADOSBo día Xentiña!!Con pesar nos nosos corazonciños despedímonos este ano...
03/11/2025

PALMARÉS FESTIVAL - MENCIÓNS ESPECIAIS E PREMIADOS

Bo día Xentiña!!
Con pesar nos nosos corazonciños despedímonos este ano do festival Animacción. Sacando peito pois pensamos que realizamos un festival de cine internacional moi digno, enxebre e con personalidade. Para exemplo la lectura dos premiados na calle mentras comíamos unhas castañas e tomábamos un chocolate quentiño na festa de peche "Magosto Animado" diante do Fórum Metropolitano.

E sen máis dilación, anunciamos os premiados da 9ª Edición do festival de cine de animación "ANIMACCIÓN"

Premio do xurado. "Sección Xeral"
ADIÓS - José Prats
Por representar a evolución e complexidade da relación entre un pai e o seu fillo.

Mención especial do xurado. "Sección Infantil"
BIDOUILLE - Emi Inohana, Morgane Holsters
Pola capacidade de atrapar á audiencia, con suspense e humor , desde unha situación cotiá.

Mención especial do xurado. "Sección Xeral"
BUFFET PARAÍSO - Santi Amézqueta, Héctor Zafra
Pola maxistral, plasticidade técnica e a potencia das imaxes.

Premio do Público. "Sección Xeral"
EN LA MÁS VIL RUINA - Gabriel Molinaro

Premio do Público. "Sección infantil"
THE PIANO - Avery Kroll

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes





Ánimas Anónimas. Asociación de animación


́n

Bo día Xentiña!Despois dun día movidiño, o de onte, que xa falaremos de iso, imos desvelar o equipo que formou o xurado ...
02/11/2025

Bo día Xentiña!
Despois dun día movidiño, o de onte, que xa falaremos de iso, imos desvelar o equipo que formou o xurado profesional de esta 9ª Edición do festival Animacción.
E mañá anunciaremos os premiados e as mencións especiais.
O noso xurado tivo moita guerra, bofetadas, pellizcos en carrillos, capóns, patadas en canillas... pero finalmente chegaron a unha selección para o premio do xurado e as mencións especiais.

Presentamos o xurado profesional:

- Juan Pablo Zaramella (Argentina)
Excelente Director, animador e ilustrador cun forte interese nas ideas e a creatividade. A través dunha ampla exploración da técnica do stop motion, realizou máis de 10 curtos e 2 series de TV, converténdose nun referente do mundo da animación de autor. Nas súas obras podemos destacar, "Luminaris", "Héroes", "Pasajero" ou "El hombre más chiquito del mundo" entre as súas moitas obras multipremiadas. Juan Pablo deleitounos cunha maxistral charla, nesta edición, na Real Academia Galega de Belas Artes.

- Elena López González (A Coruña)
Licenciada en Belas Artes e Comunicación Audiovisual. Docente e artista especializada en animación. Autora do documental Mónica Alonso: construíndo ou descanso gañadora do primeiro premio para artistas noveis no II Certame de Videocreación e Formatos Dixitais de Caixa Galicia.
Elena sempre está actualizándose nas novas técnicas e procesos de animación existente para ensinar os alumnos dun xeito formidable e que saian o mellor preparados posibles ó mundo laboral. Unha docente de vocación e artista de nacemento.

- Jorge Rodríguez "Gorka" (A Coruña)
Gorka é un experimentado model maker coñecido pola súa destreza na creación de maquetas e modelos para diversas producións cinematográficas. Traballou en películas aclamadas como "O Apóstolo" e "Os demos de barro", ambas as nomeadas aos Premios Goya, onde a súa habilidade para modelar e crear detalles e texturas contribuíu significativamente á estética visual destas obras.
Ademáis Gorka traballou en series 2D como "Bibopalula", "O diario de Alice" e ten un Master en "Grease Pencil" en Blender, o que demostra a súa capacidade polifacética para adaptarse as necesidades de todas as produccións. Gorka é un fantástico profesional e por enriba unha mellor persoa.

E velaquí o xurado profesional que tivemos este ano, do que estamos moooooi orgullosos e foi todo un luxo e un pracer que nos axudaran coa selección. GRACIAS ABSOLUTAS POLO VOSO TRABALLO.

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes



́n

26/10/2025

Bo día e feliz domingo a tod@s

Aquí tedes a segunda entrega de "Animadores Acojonantes" Protagonizado polo xenial .
Desta volta Dani móstranos o día a día e o laborioso traballo que fai un artista de IA. O auténtico artista da pista feito realidade... (Ironía modo On). Creo que poderíamos falar bastante sobre esta maxistral interpretación, pero imos deixar que o vexades vos mesmos.

Moitas Gracias unha vez máis a Dani e a todo o seu equipo e

Disfrutade do video e do domingo.

de Galicia
da coruña
.space

Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes

́n

Ola amantes da animación e boa xentiña en xeral!Hoxe mostramos o palmarés 2024 do prestixioso festival CINANIMA. Festiva...
25/10/2025

Ola amantes da animación e boa xentiña en xeral!

Hoxe mostramos o palmarés 2024 do prestixioso festival CINANIMA. Festival que se vén realizando en Espinho, Portugal e esta é a súa 49 edición. Unha cita anual do mellor cine de animación internacional realizado polos nosos ben queridos veciños portugueses.
Gracias CINANIMA por facelo posible e parabéns polo voso fantástico festival.

Día: Mércores 29
Hora: 18:00
Lugar: Filmoteca de Galicia

Estas son as curtas que conforman o palmarés de CINANIMA 24.

01 - PELAS COSTURAS
Adriana Andrade, Luana Rodrigues y Daniela Tietzen.

Sinopse:
Relata as experiencias de tres mulleres, abordando as súas loitas interiores cos roles de xénero feminino e masculino, e o seu camiño cara á autoaceptación.

02 - DRAGFOX
Lisa Ott

Sinopse:
A procura de identidade de Sam vese interrompida por un misterioso raposo da veciñanza. Xuntos embárcanse nunha viaxe máxica ao ático para descubrir as cousas que poderían ter en común e como celebrar as súas diferenzas.

03 - UNRECOGNIZED CHARACTER DETECTED
Song Ye

Sinopse:
A película presenta a dous organismos alieníxenas nun conflito lúdico que abarca varios territorios, pero a narrativa insinúa que o conflito non é o que parece ser.

04 - SEE THE SUN RISE IN THE MOON
Charles Nogier

Sinopse:
Ao final da súa vida, Víctor Hugo deixou ao carón a pluma para contemplar por última vez o océano e enfrontarse ás súas pantasmas.

05 - ZARKO YOU WILL SPOIL THE CHILD
Veljko Popovic, Milivoj Popovic

Sinopse:
Narra os recordos dunha infancia transcorrida na localidade de Split nos anos oitenta. Son historias contadas despois da comida do domingo, cando todo o mundo está de bo humor.

06 - I DIED IN IRPIN
Anastasia Falileieva

Sinopse:
Ao comezo da invasión a gran escala de Rusia, Falileieva e o seu noivo abandonan Kiev para visitar os pais del en Irpin. A cidade convértese nun campo de batalla, pero o perigo non só axexa fóra de casa.

07 - A CRAB IN THE POOL
Jean-Sébastien Hamel, Alexandra Myotte

Sinopse:
Zoe e o seu irmán pequeno Theo vense obrigados a valerse por si mesmos nun abrasador día de verán. Para manter intacta a súa conexión, terán que rebentar o seu absceso.

de Galicia
da coruña
space

Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica


Academia Galega de Belas artes



́n

RECORDATORIO PROGRAMACIÓN FESTIVALOla Xentiña!Bo fin de semana a todos!Vos recordamos a programación do festival, que xa...
25/10/2025

RECORDATORIO PROGRAMACIÓN FESTIVAL

Ola Xentiña!
Bo fin de semana a todos!

Vos recordamos a programación do festival, que xa comeza este luns día 27, estamos a unhas horiñas nada máis para que podamos disfrutar dunha semana de animación en terras coruñesas.

Tomade nota e apuntadeo na axenda, non vos perdades ningún evento porque son todos moi TOPs!

Biquiños!

Galiza por Palestina جليقية من أجل فلسطين
por Gaza
de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes

́n

RECORDATORIO PROXECCIÓNS"FLOW"Venres 31 - Hora: 20:30 - Lugar: Filmoteca de GaliciaEntrada de balde ata completar aforo....
24/10/2025

RECORDATORIO PROXECCIÓNS

"FLOW"
Venres 31 - Hora: 20:30 - Lugar: Filmoteca de Galicia

Entrada de balde ata completar aforo.

Sinopse:
Un gato esperta nun mundo cuberto de auga, onde toda a raza humana parece desaparecer. Busca refuxio nun barco cun grupo de animais. Pero levarse ben con eles resulta ser un reto aínda maior que superar o seu medo á auga.

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes

́n

RECORDATORIO PROXECCIÓNS"THE TOWER" 🍉Venres 31 - Hora: 18:00 - Lugar: Filmoteca de GaliciaOs autores ceden os dereitos p...
24/10/2025

RECORDATORIO PROXECCIÓNS

"THE TOWER" 🍉
Venres 31 - Hora: 18:00 - Lugar: Filmoteca de Galicia

Os autores ceden os dereitos para esta proxección coa condición que a recaudación, que será a través de taquilla inversa con doazón solidaria, se destine aos cineastas de Gaza e as súas familias, a través das asociacións coas que colaboramos, "Galicia por Palestina" Galiza por Palestina جليقية من أجل فلسطين e "Cabezón por Gaza" .
O público asistente poderá colaborar voluntariamente cunha achega económica que irá directamente as familias e aos autores da longametraxe "The Tower" e do documental "The Wanted 18".

Sinopse:
Unha nena palestina de 11 anos que vive nun campo de refuxiados no Líbano. A través da perspectiva de Wardi e a relación co seu bisavó Sidi, a película explora a historia recente do pobo palestino, os desafíos dunha vida precaria e a esperanza dun futuro mellor.

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes

́n

RECORDATORIO PROXECCIÓNSMEMORIAS DE UN CARACOLXoves 30 - Hora 20:30 - Lugar: Filmoteca de GaliciaEntrada de balde ata co...
24/10/2025

RECORDATORIO PROXECCIÓNS

MEMORIAS DE UN CARACOL
Xoves 30 - Hora 20:30 - Lugar: Filmoteca de Galicia

Entrada de balde ata completar aforo

Sinopse:
Grace Pudel é unha
solitaria e inadaptada nena afeccionada a coleccionar
figuras decorativas de caracois. A morte do seu pai
abócaa a unha espiral de ansiedade e angustia. Con
todo, todo cambia cando coñece a unha excéntrica
anciá.

de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica

Academia Galega de Belas artes

́n

Dirección

A Coruña

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Animacción: Festival Internacional de Cine de Animación publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Animacción: Festival Internacional de Cine de Animación:

Atajos

Compartir

Categoría