Vigo Emerxe

Vigo Emerxe Vigo Emerxe é un gran concerto promovido pola Xunta no Museo do Mar de Galicia co obxectivo de poñer en valor a escena musical da cidade.

Dirección

Vigo
36208

Teléfono

+34619637211

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vigo Emerxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vigo Emerxe:

Compartir

Categoría

Que é Vigo Emerxe

Doce bandas e artistas vigueses daranse cita o vindeiro 28 de setembro no marco de Vigo Emerxe, un gran concerto promovido pola Xunta no Museo do Mar de Galicia co obxectivo de poñer en valor a escena musical da cidade. Esta proposta nace coa vocación de “recuperar a esencia da movida viguesa” e dar voz ao talento local.

O cartel de Vigo Emerxe inclúe nomes de artistas e bandas locais emerxentes e outros referentes dentro da escena cultural e musical da cidade como The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha, r. e. a. l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo, BabyKatze ou Santi Araújo. A nómina de participantes complétase cos nomes doutros músicos da cidade cunha ampla traxectoria como Pablo Novoa, exmembro da histórica banda Golpes Bajos, ou Nicolas Pastoriza, protagonista tamén da escena musical da cidade nos anos 80 dentro do grupo Bromea o qué?.

Seis horas de música

Todos eles protagonizarán preto de seis horas de música que arrancarán as 18,00 horas en dous escenarios do Museo do Mar, un situado no exterior, na zona do aparcamento, e outro no interior do inmoble, na sala de exposicións temporais. As actuacións rematarán ao fío da madrugada e a entrada será de balde ata completar aforo sen necesidade de realizar reserva previa.