08/09/2026
Seguimos presentando as bandas deste Psicotroita e temos que dicir que temos moita gana de ter no noso escenario a Mujeres unha das bandas máis queridas e resistentes do rock de guitarras da península que estarán no festival o sábado 26.
Os barceloneses levan preto de dúas décadas construíndo unha carreira allea ás modas, aos algoritmos e ás fórmulas de usar e tirar, sempre fieis ás cancións directas, ás melodías luminosas e á emoción do directo. Co seu recente sétimo disco, 'Es un dolor inexplicable', Mujeres reafirma su súa maneira de entender a música, dádelle unha escoita que hai que vir cos coros aprendidos!
É un deses grupos que fan dos seus concertos unha celebración colectiva e que chegan ao Psicotroita no momento perfecto para poñer Sigüeiro a cantar e bailar!
Tremendo Audiovisual
Concello de Oroso