15/06/2026
A xornada do domingo, e tamén o último día do festival, chegou cargada de emocións. 💛
Volvemos desfrutar de O Grúfalo, de Carmen Domech, e da exposición interactiva kinética de Trécola Producións. Tamén descubrimos con asombro a Mostra de títeres en miniatura Lambe Lambe, da man de catro magníficas artistas que nos fixeron viaxar a través de pequenas grandes historias.
Para pechar esta primeira edición, gozamos do concerto da Banda A Lira, que puxo o broche final a unha fin de semana inesquecible.
Agardamos que desfrutásedes moito, que compartísedes risas, emocións e sorpresas, e que este sexa só o primeiro paso dun longo camiño xuntos.
Moitas grazas a todas as persoas que asististes e participastes. Levámosvos no corazón. ❤️