FestiVal das Brétemas

FestiVal das Brétemas VI Ediçom Somos do Monte
[28-29 de setembro de 2018]

FestiVal das Brétemas é unha asociación cultural integrada por moz@s do Concello de Ponteareas (Pontevedra), chamada polos poetas Vila Néboa. Comeza a súa andaina na primavera de 2012 froito das escasas actividades culturais e de ocio da nosa comarca. Dende o seu nacemento, apostou claramente pola defensa, apoio e difusión da cultura, música e lingua galega así como o compromiso de dar cabida ás e

xpresións máis ignoradas polos intereses alleos á cultura popular. O noso colectivo promove eventos durante todo o ano en diversos rexístros e formatos: música, cinema, literatura, obradoiros, actividades para nen@s e como non, festa, moita festa ate chegar ao mes máis festivaleiro do ano, o bretemoso mes de Setembro, no que concentramos todas as nosas enerxías en organizar un festival onde participan grupos musicais maioritariamente galegos cunha clara vontade reivindicativa. A asociación do festival está conformada como un colectivo, aberto a toda proposta de persoas ou asociacións sempre que se atopen desvinculadas de actitudes ou valores sexistas, xenófobos, racistas, relixiosos ou que non respeten ás persoas ou ao medioambiente. Dado que somos unha asociación sen ánimo de lucro e sen ningún apoio económico institucional precisamos da solidariedade da xente do noso entorno para poder autofinanciarnos e lograr os nosos obxetivos.

Dirección

Feira Vella
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FestiVal das Brétemas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a FestiVal das Brétemas:

Compartir

Categoría