No ano 2007, e dada a dimensión que ía adquirindo a festa, pásase a celebrar en distinta data que as Festas do Carme. Este feito fixo dinamizar aínda máis esta cita gastronómica incrementando o seu poder de convocatoria e conquerindo unha repercusión tal que transcendeu do ámbito comarcal considerandose unha das grandes festas gastronómicas galegas. O 14 de xullo de 2009 a Festa do Polbo foi decl
arada “Festa de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña”. Este recoñecemento foi posible grazas a todalas persoas e entidades que fixeron posible que a Festa fora gañando entidade propia co paso dos anos. As entidades que colaboran na actualidade (Galicia, Club do Mar, Casino Mugardés, Casino de Franza, Asociación Amigos da Paisaxe Galega, Casino de San Xoán, Rondalla Mugardesa, Confraría de Jesús de Nazareno) teñen boa parte delas unha longa traxectoria de participación na organización da Festa e outras unha colaboración máis recente. Esta listaxe quedaría coxa senón fixeramos unha referencia especial ás persoas que participaron nas diferentes Comisións de Festas do Carme, xa que a súa iniciativa é a causante de que na actualidade poidamos estar a falar do XXV Aniversario, sen obviar que outras entidades como Bestarruza, Noville ou o Club Balonmán tamén puxeron o seu grao de área.