Casa de Galicia En Gipuzkoa

Llamar Página web Contactar con la empresa

Casa de Galicia En Gipuzkoa Una Institución creada hace más de 90 años por los gallegos residentes en Gipuzkoa, con vocación de ser la Embajada cultural y humana del pueblo gallego.

La Casa de Galicia es una Institución creada hace más de noventa años por los gallegos residentes en Gipuzkoa, con vocación de ser la Embajada cultural y humana del pueblo gallego en esta tierra. Sus instalaciones están pensadas para ofrecer un lugar de encuentro a cuantas personas, gallegas o no, deseen compartir las costumbres de nuestra ancestral cultura. Declaramos nuestro respeto la diversidad de ideas y creencias, afirmando nuestros principios de asociación aconfesional y apolítica.

Boa tarde e noraboa aos gañador@s do X Certame de Poesía en Lingua Galega, Manuel María.Moitas grazas polos vosos poemas...
24/10/2026

Boa tarde e noraboa aos gañador@s do X Certame de Poesía en Lingua Galega, Manuel María.
Moitas grazas polos vosos poemas e pola vosa axuda, camiñando a favor da nosa lingua.

1.premio
Tamara Martínez Villar( Pontevedra)
A mira do tempo.

2.premio.
Sergio Martínez Calvo (Valga-Pontevedra)
Cartografía do que permanece.

3.premio
Jorge Carril Espido ( A Coruña)
Avóa


Boa tarde de outono, amantes da poesía e das letras.O vindeiro Sábado 24 de Outubro, ás 17h, tendes dúas citas moi espec...
20/10/2026

Boa tarde de outono, amantes da poesía e das letras.
O vindeiro Sábado 24 de Outubro, ás 17h, tendes dúas citas moi especiais que sucederán na nosa casa, no número 28 da Rúa Zabaleta no barrio de Gros, Donostia.

Dunha beira o xurado dará a coñecer premiad@s neste X Certame de de poesía en lingua Galega, Manuel María, no que se recibiron 41 poemarios.
De seguido, enfiando palabras e versos, teremos a sorte de escoitar ao mestre, investigador e activista da lingua Galega, Carlos Callón, que presentará os seus libros e terá a ben falar da Lingua que viaxa conosco.
A non perder, que cousas tan lindas non sempre ocorren diante do noso fuciño.

Sábado 24 de Outubro ás 17h, na Casa de Galicia en Gipuzkoa.


GaliciaAberta
Casa-Museo Manuel María

Carlos Henrique Fernández Coto
Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

Boas novas que chegan por estas terras.O vindeiro 25 de setembro, ás 19:30h, o mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo estará n...
20/09/2026

Boas novas que chegan por estas terras.
O vindeiro 25 de setembro, ás 19:30h, o mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo estará no noso centro, para presentar o seu novo disco que pecha a triloxía “O ronsel do meu sentir”. Sentiremos en directo a súa doce gaita acompañada nos audios, doutros moitos instrumentos de corda, vento e percusión.
A non perder. Entrada de balde.
Máis información na súa web: xoancarlosrilo.com

Boa noite, e que viva a poesía!!!Anímense.
13/09/2026

Boa noite, e que viva a poesía!!!
Anímense.

La Casa de Galicia en Gipuzkoa acaba de publicar las bases para el próximo certamen de poesía en lengua gallega “Manuel ...
08/08/2026

La Casa de Galicia en Gipuzkoa acaba de publicar las bases para el próximo certamen de poesía en lengua gallega “Manuel María”.

Se puede participar mandando la obra por correo ordinario o por email.

El plazo de presentación de obras acaba el día 25 de septiembre de 2026.

Más información en las bases publicadas en nuestra web:

https://casagalicia.org/2026/08/01/x-certame-de-poesia-en-lingua-galega-manuel-maria/

Casa-Museo Manuel María

X Certame de poesía en lingua galega “Manuel María” by admin · 1 agosto, 2026 La Casa de Galicia en Gipuzkoa acaba de publicar las bases para el próximo certamen de poesía en lengua gallega “Manuel María”. Se puede participar mandando la obra por correo ordinario o por email. El plazo ...

Bó día amigos  e xentes de ben. Moitas grazas por nos acompañar, un ano máis, na celebración do día grande de Galiza, O ...
26/07/2026

Bó día amigos e xentes de ben. Moitas grazas por nos acompañar, un ano máis, na celebración do día grande de Galiza, O día do Santiago Apóstolo, o Día da Patria Galega, ou ben poderiamos dicir o Día da Matria Galega porque nós saímos y vimos da terra acostumada a decir adeus, chao, pero tamén aprendeu a dicir agur, gero arte, hurrengo arte.

Hoxe fálovos na lingua que me ensinaron, na lingua que me resisto a perder, sen complexo algún, porque é a lingua dun pobo honesto, traballador e sen medo.
Porque é a lingua da miña bisavóa que quentaba o leite nunha cociña de ferro, vestida de loito cun pano negro cubrindo os seus cabelos platedos sen saber que os fascistas fusilaran ao seu home en bilbao e que fora enterrado non camposanto de Galdakao.

Fálavos na lingua onde un bico é un muxu, unha aperta únha besarkada, vento-haizea, terra-lurra, nai-ama, pai-aita, casa-etxea. Meu ben-maitea, man-eskua, morte-heriotza.
Ongi etorri gure etxea.

É para nós un pracer abrirvos as portas da nosa casa porque sabemos que vides cos brazos abertos e os ollos limpos como o vento que aloumiña os tellados desta fermosa cidade, neste lado amable do mundo onde tentamos sanar as nosas feridas e as alleas.
Comer canto vos perste, e beber o que teñades que beber, estades na vosa casa.
Eu tamén quixera ter un paxaro, sen gaiolas, que voara ceibe.

Moitísimas grazas por vir e compartir con nós este sábado, un chisco do voso tempo, na ofrenda floral a Castelao no conx...
18/07/2026

Moitísimas grazas por vir e compartir con nós este sábado, un chisco do voso tempo, na ofrenda floral a Castelao no conxunto escultórico " Castelao foise pero quedouse" obra do ben querido e admirado Xosé Antonio Vilaboa. Moitas grazas.

Pois pouco se pode facer, pouco se pode decir e un non atopa o xeito de agradecer todo o esforzo feito durante toda a se...
27/06/2026

Pois pouco se pode facer, pouco se pode decir e un non atopa o xeito de agradecer todo o esforzo feito durante toda a semana.
Nestas terras non se di moitas grazas, aquí din Mila Esker ou eskerrikasko para amosar agradecemento, e atinan ben.
Mila Esker a todos e todas que estades á nosa beira e facedes que as cousas sexan doadas como o involuntario acto de respirar.
O día que precisedes de nós, asubiar.

Pois hoxe tamén foi unha tarde ben bonita escoitando ao noso ben querido Xosé Estévez que veu falar da figura e legado d...
25/06/2026

Pois hoxe tamén foi unha tarde ben bonita escoitando ao noso ben querido Xosé Estévez que veu falar da figura e legado de Castelao; un galego químicamente puro, amigo dos vascos e persoeiro.
E ben merecía Unhas décimas.

Décimas para Xosé Estévez.

Os que a Xosé non coñecen

¿onde estiveron metidos,

aí, polo mundo perdidos

tanto tempo que envellecen

e sen mais desaparecen

sen acougo ou sen abrigo?

E non minto se isto digo

pois è verdade o que falo,

o que escribo e non calo

de Xosé o meu amigo.



Historiador e poeta

mestre de boa memoria,

que Deus o teña na gloria

sen billete nin tarxeta

cando toque facer a maleta.

Pero agora aqui o tedes.

Escoitar e xa veredes

que é verdade o que falo

o que escribo e non calo

do mestre Xosé Estévez.



Bo día, seguimos con mais cousas lindas logo da xornada de onte nos cines Niessen de Errenteria, disfrutando, sufrindo e...
24/06/2026

Bo día, seguimos con mais cousas lindas logo da xornada de onte nos cines Niessen de Errenteria, disfrutando, sufrindo e escoitando a Miguel Ángel Delgado, que onte veu presentar San Simón.
Hoxe tócalle a Xoán Alonso con seu concerto acústico en Lekuona Fabrika, ás 18:30h, presentando o seu proxecto "Xiratorio e estábel" onde os textos e a música van da man.
A non perder.

Dirección

C/Zabaleta, 28 Bajo
Donostia
20002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casa de Galicia En Gipuzkoa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Casa de Galicia En Gipuzkoa:

Atajos

Compartir


Otros eventos/locales en Donostia/San Sebastián

Ver Todo