05/06/2026
Parroquianas e Parroquianos!!
Levábades tempo pedindo o cartaz por días, e o que a nosa xentiña pide, o Armadiña... CONCÉDEO!
Que si, que o cartaz completo mola moito, pero vai sendo hora de sacar o calendario e debullar as datas. Así queda repartida a esmorgada en Combarro:
VENRES 3 DE XULLO
Para quecer motores coma deus manda:
👉 Rager, Orquestra Bravú Xangai, Ruxe Ruxe e Lisdexia.
SABADO 4 DE XULLO
O día grande, pensado para g***r e bailar coma se non houbese un mañá:
👉 Noite Fechada, Bule, Malkeda, El 4° Sentido, Terapia de Grupo, Os Queimatas, Abaixo Cu Sistema, Monoulious Dop, Pandereteiras do Ronsel, Balkan Bomba, Collón de Lola, Pandereteiras de Armadiña, Armadiña Crianzas: Migallas teatro, Terapia Kids, Obradoiro ECOPERCUSSIÓN
DOMINGO 5 DE XULLO
Para queimar os últimos cartuchos e marchar co corpo feito un cristo, pero coa ledicia de quen o deu todo:
👉 Skadelos
E coma sempre recordade: tanto os concertos, como as actividades e a acampada son... TOTALMENTE DE BALDE!