19/02/2026
Mañá ás 20 h: ciencia mariña en feminino
🌊 ¿Es unha persoa amante do mar? 🌊
¿Queres pasar unha tarde diferente? Esperámoste no o vernes 20 ás 20:00 h.
*Entrada de balde, ata completar aforo. Non se require reserva previa.
Con motivo do 11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia💜, o Centro Oceanográfico da Coruña, organiza un encontro entre as técnicas e investigadoras do centro coa veciñanza da Coruña.
Esta iniciativa consistirá nunha serie de charlas curtas, nas que elas poderán contar de xeito breve e ameno, entre cervexa e cervexa, como se fai ciencia mariña en feminino. Falaremos de pesca sustentable e de como contribuímos á súa xestión, da análise do medio mariño e máis da carreira científica da muller nas ciencias do mar, mentres os e as asistentes gozan duns petiscos de cortesía ☺️